"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
-
Cantidade de viño que se engade a maiores verbo da medida legal xa establecida. Xeralmente é unha ola por cada moio de oito cántaros, ou un azume aproximado en cada ola, ou unha cantidade menor, como acontece nos anos de malas colleitas.
-
Exceso dunha cousa sobre o número ou cantidade asignada a outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Botar cantos, seixos contra algo ou alguén.
-
PERSOEIRO
Décimo terceiro Rei de Xudá (736-721). Fillo de Ioatam. Rexeitou unirse á coalición de israelitas e arameos contra o Rei asirio Teglatpeléser III, de quen se converteu máis tarde en vasalo sen facer caso da profecía do Emmanuel de Isaías. Rendeu culto aos deuses asirios, profanando o templo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acocharse, especialmente detrás dun mato, dunha árbore, etc, para non ser visto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principal academia de Italia. Fundada en Roma por Federico Cesi (1603) para o estudo das matemáticas, das ciencias naturais e da filosofía. Desapareceu en 1630, pero foi restablecida no ano 1801. En 1870 desdobrouse na Pontificia Accademia delle Scienze e na Reale Accademia Nazionale dei Lincei, que se incorporou á Accademia d’Italia en 1939. Logo da súa reestruturación, realizada no ano 1944, organízase en torno a dúas seccións: a de filosofía, historia e filoloxía, e a de física, matemáticas e ciencias naturais; cada unha delas ten setenta e dous membros. A súa biblioteca posúe aproximadamente medio millón de volumes (1999); edita nove publicacións periódicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia artística de Roma fundada por Federico Zuccari no ano 1593. Ademais das súas actividades pedagóxicas, tivo importantes funcións representativas e unha intensa vida corporativa, estando aberta aos artistas estranxeiros. Desapareceu no ano 1874, coa creación do Reale Istituto delle Belle Arti, que asumiu as súas funcións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina que pertence ao grupo das sulfamidas. En medicina emprégase como diurético e no tratamento do glaucoma.
-
PERSOEIRO
Novelista. Considérase o creador da novelística nacional uruguaia co tríptico histórico de novelas formado por Ismael (1888), Nativa (1890) e Grito de gloria (1893). Non obstante , a máis acabada e influente das súas obras é Soledad (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de acoirazar.
-
Revestido dunha coiraza de placas de ferro ou aceiro que proporcionan protección.
-
Tipo de barco de guerra de gran tonelaxe no cal o armamento e a protección prevalecen sobre a velocidade e a autonomía. Desde os inicios da navegación mecánica foi o máis grande, pesado, armado e defendido de todos, e substituíu ao navío de antano na función do barco de liña. O uso da hélice permitiu instalar as máquinas e as caldeiras por debaixo da liña de flotación, onde a protección era completa, pero a posterior invención de proxectís explosivos fixo vulnerable a parte somerxible das naves e cómpre revestilas dunha coiraza ou blindaxe. Durante a Segunda Guerra Mundial, no que foron afundidos numerosos acoirazados, diminuíu o seu papel como eixe das flotas de batalla e foi substituído polo portaavións, se ben a mariña de guerra dos EE UU reactivou algúns no 1980, como bases de fogo flotante. Actualmente, ademais de dispoñer dunha artillería potente, están equipados con mísiles de diversos tipos e unha gran cantidade de canóns automáticos.
-
-
-
Cubrir cunha coiraza.
-
Protexer algo con ferro ou aceiro.
-
Facer que alguén se volva insensible ou invulnerable.
-
-
CAPITAIS
Capital do il de Sakarya, Turquía (185.187 h [1995]). Centro comercial e agrícola na ribeira do Sakarya.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de adelgazar.
-
Selo que sufriu un rebaixe no seu papel.
-
-
-
Acción e efecto de adelgazar.
-
Déficit de tecido adiposo, coincidente ou non cun déficit de tecido muscular. Pode ser pasaxeiro ou persistente. Amais, pode ser constitucional ou adquirido, por consecuencia dunha insuficiente alimentación, do déficit de inxestión por razóns psicolóxicas (anorexia nerviosa), de enfermidades que dificultan a dixestión ou a absorción, de enfermidades crónicas infecciosas e cancerosas, de enfermidades do metabolismo (diabete) ou de doenzas endocrinas como o hipertiroidismo ou a insuficiencia hipofítica suprarrenal. O signo máis evidente e directo do adelgazamento é o déficit ponderal ou perda de peso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que adelgaza, especialmente aqueles produtos ou exercicios que favorecen unha perda de peso.
-
-
Facer que diminúa de peso, o corpo dunha persoa, un obxecto ou calquera elemento que teña un volume determinado.
-
Sacar punta afiando ou aguzando un obxecto.
-
Enfraquecer unha persoa.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e organista. Autor do drama pastoral Eumelio (1606). Foi un dos primeiros músicos que deron indicacións para a realización do baixo continuo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método pedagóxico para párvulos creado polas irmás Agazzi, mestras italianas. Baséase na actividade, a liberdade e a responsabilidade do neno, así como no traballo e na observación dos elementos do seu medio natural. O método estrutúrase a partir das actividades diarias do neno (lavarse, vestirse, comer, xogar, etc) e despreocúpase da lectura e escritura, para orientar o neno cara ao coñecemento do maior número de obxectos que emprega a cotío. Así mesmo, desenvolve a linguaxe por medio de numerosas conversas sobre estes obxectos, salienta a importancia da orde, da música e do canto.
-
PERSOEIRO
Pedagoga. En 1892, en colaboración coa súa irmá Carolina Agazzi (1870-1945), tentou converter unha antiga escola de párvulos de Mompiano (Brescia) nun xardín de infancia segundo as ideas de Fröbel. A partir desa práctica fixou o que hoxe coñecemos como método Agazzi, xurdido da observación e da experiencia cotiás. Escribiu L’abbici del canto educativo (O abecé do canto educativo, 1908) e Bimbi, cantate (Nenos, cantade, 1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Independentista cubano. Estudiou leis e uniuse a Céspedes contra os españois (1868). Redactou a primeira Constitución da República Cubana (1869). No 1870 foi o xefe das tropas rebeldes. Morreu en acción de guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Uva verde aínda non sazonada.
-
Zume obtido de uvas verdes, de gusto amargo, empregado como refrescante na alimentación e na medicina.
-