adelgazamento

adelgazamento

(< adelgazar)

  1. s m

    Acción e efecto de adelgazar.

    Ex: O adelgazamento da miña nai foi moi notable co réxime que seguiu no verán.

  2. s m [PAT]

    Déficit de tecido adiposo, coincidente ou non cun déficit de tecido muscular. Pode ser pasaxeiro ou persistente. Amais, pode ser constitucional ou adquirido, por  consecuencia dunha insuficiente alimentación, do déficit de inxestión por razóns psicolóxicas (anorexia nerviosa), de enfermidades que dificultan a dixestión ou a absorción, de enfermidades crónicas infecciosas e cancerosas, de enfermidades do metabolismo (diabete) ou de doenzas endocrinas como o hipertiroidismo ou a insuficiencia hipofítica suprarrenal. O signo máis evidente e directo do adelgazamento é o déficit ponderal ou perda de peso.

Palabras veciñas

adelfofaxia | adelfogamia | adelgazado -da | adelgazamento | adelgazante | adelgazar | Adélie, Terre