Adélie, Terre

Adélie, Terre

Rexión da Wilkes Land, Antártida, na costa do Índico, comprendida entre os 136° 20’ e os 142° 20’ de lonxitude e cunha extensión duns 900 000 Km. É un campo de xeo que chega aos 3.000 m de altitude preto do Polo. Foi descoberta en 1840 por Dumont d’Urville; na costa está a base científica que lle deu o seu nome. Forma parte do territorio francés antártico.