"BOD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 68.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome alemán do lago de Constanza.
-
PERSOEIRO
Escritor romántico. É autor do poema lírico Lieder des Mirza-Schaffy (Cancioneiro de Mirza Schaffy, 1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis e telleiros que corresponde á voz ‘cravar’.
-
PERSOEIRO
Teólogo protestante alemán, coñecido como Carlstadt e Carlostadius. Defendeu as doutrinas de Lutero diante de Johan Eck en Leipzig (1519). Durante o retiro de Lutero en Wartburg (1521-1522) foi abandeirado da aplicación radical da nova doutrina, pero aceptou máis tarde as normas eucarísticas de Ulrich Zwingli e rompeu cos luteranos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe indio adepto ao Budismo mahāyāna. Príncipe de Sri Lanka, cara ao ano 500 chegou a China como misioneiro budista. Venéraselle como o introdutor da escola budista de meditación (dhyāna) na China e como fundador do Budismo Chan (en xaponés Zen).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ser destinado á iluminación que está a piques de conseguila. É unha cualificación aplicada, no Budismo mahāyāna, ao futuro Buda, é dicir, ao home que posúe xa todas as características dun buda e ao que só lle resta renacer unha vez para entrar no Nirvana. Entre a multitude de bodhisattva, tan só sobresaen algúns que son honrados como representantes do Buda trascendente, como Avalokiteśvara, Manjuśri e Maitreya.
-
PERSOEIRO
Compositor francés. Aos 24 anos obtivo un cargo real no Rosellón, onde escribiu algunhas obras para frauta e a cantata Les quatre saisons (As catro estacións). No ano 1723 estableceuse en París, onde, xunto con Mondonville e Rameau, foi un dos músicos máis apreciados do seu tempo. Foi músico da corte da duquesa do Maine, en Sceaux. Entre a súa produción destacan os ballets Don Quichotte chez la duchesse (Don Quixote na casa da duquesa, 1743), Daphnis et Chloé (Dafne e Cloe, 1747) e os grandes motetes Exaudiat te (1741) e Fugit nox (1742).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista, político e economista coñecido tamén como Bodino. Foi conselleiro do duque de Alençon e procurador do Rei en Laon. No 1576 apareceu a súa grande obra filosófico-política Les six livres de la République (Os seis libros da República), na que trataba de colocar ao Rei como o centro da unidade nacional e instaurar o Absolutismo como un poder de equilibrio das tensións da sociedade. O mantemento da propiedade privada e das leges imperii, fronte ao poder soberano nas mans do Rei, era a contradición teórica que se reflicte en toda a súa obra. Foi un mercantilista, partidario da protección estatal para a industria nacional. Como economista formulou a teoría cuantitativa do diñeiro aplicada á revolución dos prezos do s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública e universitaria de Oxford (Inglaterra). Foi reorganizada e aberta por Thomas Bodley no ano 1602. Dispón de máis de cinco millóns de volumes. A súa importancia radica nos fondos de manuscritos orientais, nas coleccións sobre literatura e historia inglesa, e nos impresos raros. Inclúe a Radcliffe Camera, a New Library e as bibliotecas que dependen dela, a Radcliffe Science Library, a Law Library, a Indian Institute Library e a Rhodes House Library. Dende o ano 1610 ata o 1753 foi a única biblioteca central.
-
PERSOEIRO
Diplomático e erudito inglés. Reorganizou a biblioteca de Oxford, practicamente destruída durante o reinado de Eduardo VI e chegou a crear unha das máis importantes de Gran Bretaña, a Bodleian Library.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de papiros conservada en Cologny (Xenebra), propiedade do mecenas Martin Bodmer. Conta con numerosos textos clásicos bíblicos.
-
PERSOEIRO
Medievalista e teorizador da poética suíza. É autor de Kritische Abhandlung vom Wunderbaren (Tratado crítico sobre o marabilloso, 1740).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos bodos.
-
Individuo das tribos bodo.
-
Conxunto de tribos (bara, garo, dimasa, etc) estendidas por unha zona comprendida dende o sur do Bhutan e do Assam ata o leste de Tripura. Dominaron o Assam ata o s XIII. Son agricultores e gandeiros, e coñecen a metalurxia, a cerámica e o tecido. A súa organización é patrilineal. Adoptaron parcialmente o sistema de castes. A súa relixión influíu no tantrismo.
-
Lingua asiática da familia sino-tibetana e do grupo tibetano-birmano. Fálase no Val de Brahmaputra por unhas 35.000 persoas.
-
-
-
PERSOEIRO
Novelista occitano. Residiu en Alxeria. Entre as súas obras cómpre subliñar Contes dels Balssas (1953) e Las Domaisèlas (1976). En xeral trata os problemas do home de hoxe que quere integrarse na civilización moderna sen renegar da súa identidade. A súa poesía (Sus la mar de las galeras, 1975) inspirou cancións moi populares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos tipos orixinais empregados na impresión de Giovanni Battista Bodoni.
-
PERSOEIRO
Impresor italiano. Foi director da Stamperia Reale de Parma (1768) e impresor real de Carlos III (1782). Escribiu o Manuale tipografico (Manual tipográfico, 1818), cunha colección de 291 caracteres tipográficos romanos e itálicos. Déuselle o seu nome a un tipo de letra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ulto redondeado que se fai no bordado.
-
Termo da xerga das palilleiras que designa ‘burato feito no pano e bordado ao redor’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facies cultural do Calcolítico (III milenio) localizada en Tokaj (Hungría), continuación da de Tiszapolgar. Son coñecidas as súas necrópoles, caracterizadas pola presenza de vasillas con dúas asas, copas con pé oco e machados de cobre. Así mesmo, do estudo das necrópoles dedúcese a existencia de diferencias sociais: os homes descansan sobre o seu lado dereito xunto cun coitelo de sílex e as mulleres sobre o esquerdo xunto con colares de perlas e xoias de ouro. Tamén parece existir unha disposición diferenciada en relación co rango do individuo enterrado.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Hugonote, emigrou do seu país por mor do Edito de Nantes (1685). Despois dunha estancia en Inglaterra, instalouse en Berlín en 1695, onde realizou o Portal Fortuna do Stadtschloss (1701) e en 1728 en Dresden, onde foi nomeado inspector das obras reais.
VER O DETALLE DO TERMO