Bodin, Jean

Bodin, Jean

Xurista, político e economista coñecido tamén como Bodino. Foi conselleiro do duque de Alençon e procurador do Rei en Laon. No 1576 apareceu a súa grande obra filosófico-política Les six livres de la République (Os seis libros da República), na que trataba de colocar ao Rei como o centro da unidade nacional e instaurar o Absolutismo como un poder de equilibrio das tensións da sociedade. O mantemento da propiedade privada e das leges imperii, fronte ao poder soberano nas mans do Rei, era a contradición teórica que se reflicte en toda a súa obra. Foi un mercantilista, partidario da protección estatal para a industria nacional. Como economista formulou a teoría cuantitativa do diñeiro aplicada á revolución dos prezos do s XVI.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Laon, Île

  • Nacemento

    Lugar : Angers, Anjou

  • Deceso

    Lugar : France