"Bade" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 105.

  • PERSOEIRO

    Impresor e humanista, coñecido como Jodocus Badius Ascensis. Formado en Italia, estudiou grego e latín en Lyon. Corrector nas prensas de J. Trechsel, cara ao 1495 estableceuse no taller de Robert Gaguin de París ata que posuíu imprenta propia, contra o 1500. Membro do núcleo de humanistas prerreformistas de París, do grupo de Lefèvre de Etaples, editou case catrocentos volumes dos humanistas máis relevantes da súa época (Erasmo, Budé, Poliziano, etc). Propiciou algunhas das primeiras edicións de obras lulianas: Logica brevis (1516), Proverbia (1518) e Arbor philosophiae amoris (1516). Escribiu algunhas obras orixinais, como Navis Stultorum (A nave dos tolos). Casou as súas fillas con libreiros e impresores,;dun deles, Roberto Stéfano, descende a liñaxe dos Ètienne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Badegulense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facies local anterior ao Solutrense, definida no xacemento de Badegoul (Dordogne).

    2. Facies local protomadalenense (18000-17000 BP), posterior ao Solutrense e definida no xacemento de Badegoul (Dordogne).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land da Baixa Austria, situada á beira do río Schwechat ao S de Viena (23.488 h [1991]). Ten unha coñecida estación balnearia (fontes de augas sulfurosas). O centro termal foi xa chamado polos romanos Aquae Pannonicae. Escollida como residencia de verán do Emperador do Sacro Imperio, Baden gozou dunha extraordinaria sona como estación balnearia desde finais do s XVIII, fama que aumentou coa construción do ferrocarril (1841). Durante a Segunda Guerra Mundial foi ocupada polo exército soviético e convertida no seu cuartel principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado de Alemaña xurdido da unificación dos dominios da Casa de Baden e do proceso de disolución do Sacro Imperio. Estendíase pola beira dereita do Rin, desde Wertheim ata Basilea. Tiña unha extensión de 15.069 km2 e unha poboación ao comezo da Segunda Guerra Mundial de 2.813.657 h. A capital era Karlsruhe. Na época romana formaba parte dos Campos Decumanos. No 282 foi conquistada polos alamáns e foi incluída no ducado de Alemaña, baixo soberanía franca desde o s VI. No s X pasou a pertencer á casa de Zähringer e a finais do s XI o seu titular tomou o título de margrave. Despois da morte de Cristovo I (1527) a casa divididiuse en dúas liñas: a católica de Baden-Baden e a protestante de Baden-Durlach. Ao extinguirse a rama de Baden-Baden (1770), o país foi unificado baixo a persoa de Carlos Federico I da rama Baden-Durlach (morto en 1811), que se converteu no único margrave de Baden. En 1803, aliado de Napoleón, foi elevado á dignidade electoral e aumentou os seus estados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa dos príncipes do Sacro Imperio que rexiu diversos territorios alemáns. Orixinouse na familia dos Zähringen, que foron condes de Brisgovia, duques de Zähringen e margraves de Verona. Armando II (morto no 1130) foi o primeiro margrave de Baden (1112), localidade que herdou da súa nai, Judit de Backnang. Arredor do 1155 os seus descendentes adquiriron Hochberg (ou Hachberg). Á morte de Armando IV (1190), os seus dous fillos repartiron a herdanza: o primoxénito, Armando V, formou a liña de Baden-Baden e adquiriu os señoríos de Durlach, de Ettlingen (1218) e de Pforzheim (1236?); o segundo, Erico I, formou a liña de Baden-Hachberg (extinguida no 1418, a herdanza pasou á de Baden-Baden), da que naceu a rama de Baden-Sausenberg, que incorporou os señoríos de Rothelin e Badenweiler e o condado soberano de Neuchatel (que pasou por sucesión feminina aos Orleans, duques de Longueville), extinguida en 1503 pasou a herdanza a liña dos Baden-Baden. O margrave Armando VI de Baden-Baden, fillo de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cultura prehistórica eneolítica que se orixinou en Baden, ao S de Viena. Estendeuse por boa parte de Europa central (Austria, República Checa, Eslovaquia, Hungría, S de Polonia e Romanía) na primeira metade do segundo milenio a C. A parte económica baseábase no cultivo dos cereais e na gandería (bovina, porcina e ovina). É típica a súa cerámica decorada con liñas incisas tanto continuas como punteadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo filosófico creado por Wilhelm Windelband (1848-1915) e dirixido máis tarde por Heinrich Ricket (1863-1936); xunto coa Escola de Marburgo representou a dirección predominante do Neokantismo alemán nos primeiros anos do século XX. Profundizou na comprensión da Filosofía como unha teoría do coñecemento, aínda que refutando do pensamento de Kant o excesivo Racionalismo, o Formalismo e a inclinación polas ciencias Matemáticas. Así mesmo, inclinouse cara á filosofía da cultura e da historia, nun primeiro momento, para finalmente profundar na teoría do coñecemento dos valores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baden-Wüttemberg, Alemaña, no val de Oos, ao pé da Selva Negra (51.500 h [1990]). Posúe unha estación balnearia frecuentada xa polos romanos, quen construíron alí as súas termas. No s II era chamada Aurelia Aquensis. Posesión dos Zährigen desde 1052, Baden-Baden converteuse na residencia dos margraves de Baden ata 1689, ano no que os franceses destruíron a cidade. Ao longo do s XIX tivo un gran desenvolvemento, non só polo seu casino, senón tamén polo feito de converterse nun dos centros de veraneo dos monarcas europeos. En 1945 tranformouse en centro de goberno da zona de ocupación francesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margraviado do Sacro Imperio, do círculo de Suabia, que pertenceu desde 1515 a 1771 a unha rama da casa de Baden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margraviado do Sacro Imperio, do círculo de Suabia, que pertenceu desde 1515 a unha rama da casa de Baden, que agregaría as herdanzas das ramas de Hachberg (1535) e de Baden-Baden (1771).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e educador, fundador do movemento dos exploradores scouts. Destinado no exército colonial, tomou parte en accións militares na India e en África, onde puido comprobar as dificultades de adaptación da mocidade británica á vida ao aire libre e en condicións desfavorables, feito que lle levou a organizar un corpo de soldados escollidos, especialmente entrenados. En 1899 publicou Aids to Scouting (Axuda aos exploradores), onde recollía estas experiencias. O libro, chegado a Inglaterra en pleno sitio de Makefing (1899-1900), onde Baden-Powell tivo unha actuación destacada, acadou un éxito inesperado. Interesaba no só aos medios militares senón tamén aos representantes do ensino. Ao volver a Inglaterra Baden-Powell fixo unha adaptación do seu método destinada á educación civil dos máis novos. En 1907 experimentou a adaptación acampando con vinte rapaces procedentes de distintas clases sociais na illa de Brownsea, experiencia que recolleu en Scouting for Boys (Scoutismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña (35.752 km2; 10.374.505 h [1997]). A capital é Stuttgart. Comprende sete rexións naturais: o Alto Rin, a Selva Negra, o Odenwald, o Neckarland, os Alpes de Suabia, os Prealpes e a rexión propiamente alpina, e está drenado polas concas do Rin, do Danubio e do Neckar. A poboación experimentou un forte incremento desde 1945 debido á chegada de refuxiados procedentes da República Democrática Alemana. Baden-Wüttemberg está moi industrializado; destacan as industrias téxtiles, de maquinaria e de electrónica. Ao acabar a Segunda Guerra Mundial o estado de Baden foi dividido polas potencias aliadas en dúas partes: o N foi incluído dentro da zona de ocupación norteamericana e formou o land de Wüttemberg-Baden. O S incluíuse dentro da zona de ocupación francesa e constituíu o land de Baden. No ano 1950 organizouse un referendo consultivo e votouse maioritariamente pola formación dun estado unificado; polo tanto Baden, Wüttemberg e Hohenzoller...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabo en forma de trenza que se emprega para suxeitar o cable ao virador e así protexer a base dos mastros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de aparellos que se utilizan para pescar cazóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade bancaria constituída no ano 1881 por membros do gremio de fabricantes e doutras corporacións patronais de Sabadell (Barcelona). A súa actividade está estreitamente ligada ao desenvolvemento da industria téxtil lanar. O seu crecemento iniciouse ao aproveitar as vantaxes da nova ordenación bancaria do 1962, que lle permitiu estenderse por Catalunya. A súa actividade é estritamente comercial e incluso chegou a ser un dos bancos máis rendibles do estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ara especial coa que se colle a barbada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte prominente do maxilar inferior, debaixo da boca. SIN: barba, barbarote, barbela, papo, queixelo, 2 queixo.

    2. Parte avultada ou colgante de carne, pel ou graxa que teñen debaixo da queixada algunhas persoas. SIN: barbada, barbela, papada, papeira, papo.

    3. Pel que colga do pescozo dalgúns animais, en especial do gando vacún. SIN: barbada, barbela, papada, papeira, papo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO