barbadela

barbadela

(< barba)

  1. s f

    Parte prominente do maxilar inferior, debaixo da boca. SIN: barba, barbarote, barbela, papo, queixelo, 2 queixo.

  2. s f

    Parte avultada ou colgante de carne, pel ou graxa que teñen debaixo da queixada algunhas persoas. SIN: barbada, barbela, papada, papeira, papo.

  3. s f

    Pel que colga do pescozo dalgúns animais, en especial do gando vacún. SIN: barbada, barbela, papada, papeira, papo.

    Confrontacións: badana.