badana

badana

(< ár bitāna ‘forro’)

  1. s f

    Pel que ten o gando vacún por debaixo do pescozo.

    Ex: Ese boi ten a badana moi engurrada.

    Confrontacións: barbada, barbadela, papada, papeira, papo.
  2. s f

    Pel de ovella ou de carneiro, curtida con adobos vexetais, de moita flexibilidade e suavidade e relativamente delgada, que se emprega para forrar calzado, facer accesorios, e cando está máis acabada e tinguida, en encadernación e traballos de coiro fino.

    Ex: Gústame ulir a badana cando vou onda o zapateiro.

  3. s f

    Aleta ventral ou pectoral dos peixes.

Frases feitas

  • Untarlle a badana a alguén. Zouparlle.

  • Zurrar a badana. Bater en alguén.

Palabras veciñas

badalo | Badalona | badalonés -sa | badana | badanas | Bādarāyana | badariense