badalo

badalo

(< lat battuācŭlu)

  1. s m

    Peza de ferro en forma de maza suspendida no interior da campá para facela soar golpeándoa.

    Ex: O sineiro toca agarrando o badalo coa man.

  2. s m

    Peza análoga de óso, fusta, etc, para facer soar os chocallos.

    Ex: Non lle soa a cinzarra porque perdeu o badalo.

Frases feitas

  • Darlle ao badalo/badal/beo/badela. Falar de máis ou causando molestia.

Palabras veciñas

badalear | badaleira | badaleo | badalo | Badalona | badalonés -sa | badana