"Bastian" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 61.

  • PERSOEIRO

    Tenor. Coñecido como Julián Gayarre, na súa xuventude ingresou no Orfeón Pamplonés. Hilarión Eslava foi o seu primeiro valedor e responsable da súa marcha como bolseiro ao Conservatorio de Madrid. Posteriormente, acadou unha bolsa da Deputación de Navarra para estudar en Milán e debutou na Scala de Milán en 1876 con La favorita, coa que acadou fama mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e arqueólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1930). Trala Guerra Civil, e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, trasladouse a Puerto Rico, onde foi decano da Universidad de Puerto Rico, posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudios de Puerto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Membro do Seminario de Estudios Gallegos, participou xunto a F. López Cuevillas no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de Domaio, Santa Tegra, Taboexa e San Cibrán de Las. Colaborou de forma asidua con distintas publicacións O tesouro de Foxados (1933), La Población de Nueva España en el siglo XVI e El colegio de San Clemente de Pasasantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e pintor, fillo do escultor Antonio Herrera Barnuevo (Alcalá de Henares, Madrid ?-Madrid 1641). Seguidor do estilo de Alonso Cano, fixo o deseño para o altar central da capela de San Isidro (1660?) na igrexa de San Andrés de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. É autor de Cancionero (1874), Refranes glosados (1915-1916) e dunhas Relaciones sobre a historia de Toledo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor liberal. Formouse nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey, en Santiago de Compostela (1810-1812). Estableceuse na Coruña a partir de 1812. Por mor da súa ideoloxía política pasou un tempo no cárcere e desterrado. En 1840 estableceu parte da súa imprenta en Vigo. Fundou e dirixiu varios periódicos, como El Diario Constitucional (1820), El Correo de Galicia (1833), El Papel Volante (1836), El Conciso Correo de Galicia (1837) e Boletín de Noticias (1838). Á súa morte, legou a súa prensa ao Hospicio da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático. Formouse na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Traballou como actor e director en diversos colectivos, ata orientar a súa carreira profesional cara á realización de espectáculos para cine, televisión e teatro, ao tempo que iniciou a súa andaina como dramaturgo. Entre os seus textos máis coñecidos destacan Hay que deshacer la casa (1983), Sólo, sólo para mujeres (1993), Trato carnal (1995), Ausencias (1994) ou Contracuerpo (1996). A súa obra ten unha orientación clásica, na que a crítica de costumes se presenta a través de comedias solidamente construídas. En 1983 recibiu o Premio Lope de Vega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Bos Aires (1778-1783) e arcebispo de Santiago de Compostela (1783-1795). Relixioso franciscano, á fronte da diocese de Bos Aires colaborou na fundación de novas poboacións e no sometemento da revolta de Túpac Amaru. Volveu á Península Ibérica como arcebispo de Santiago de Compostela, onde patrocinou importantes construcións e dotou a cidade dunha vía que a uniu con Pontesampaio, e pretendía unila co mar mediante un canal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista e latinista. Autor dunha obra moi ampla, destacan os seus traballos Carácter convencional del ritmo (1971), Interpretación de los modos del verbo catalán (1972), Inscripciones romanas de Barcelona (1973), El préstamo fonológico (1976) e Diátesis múltiple de la serie -dor(a) (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, ensaísta e xurista, irmán de Manuel Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Ingresou na carreira xudicial e exerceu como maxistrado, profesión que abandonou para dedicarse á avogacía. Da súa produción xurídica destacan El Régimen jurídico de la propiedad territorial en Galicia a través de sus instituciones forales (1958) e Las ideas jurídicas del Padre Feijoo (1973). Foi colaborador de diversas publicacións periódicas, como Galicia, Grial e Boletín da Real Academia Galega, en que incluíu artigos sobre os principais escritores galegos, e participou no Galician Programme da BBC. No campo literario, en que se inclúen obras de clara influencia neotrobadoresca e hilozoísta, destacan 14 Nadaliñas 1958-1973, Trébol poético (1943) e Do recuncho amado (1980). Gañou os Xogos Florais de 1945 no apartado de poesía en galego. Foi membro da Real Academia Galega, da que foi elixido presidente (1960), do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijoo e cofundador da Editorial Galaxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor chileno. Formouse como arquitecto (1931) e marchou a Europa en 1933, onde traballou con Le Corbusier e Gropius en París e, xunto con Josep Lluís Sert, no Pabellón Español da Exposición Internacional de 1937. A través de S. Dalí e F. García Lorca entrou en contacto co movemento surrelista. A súa obra pictórica evocaba espacios oníricos poboados por seres fantásticos, cun tón de denuncia moi acusado. Da súa obra destaca Nacimiento de América e La Ajenidad. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Artes en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi xesuíta e escribiu obras relixiosas como Jesusen bihotzaren devocioa (Reflexións sobre a devoción a Xesús, 1782) e Jesusen Amore-Negueei dagotzen cembait otoitz-gai (Algunhas meditacións sobre o amor e o sufrimento de Xesús, 1759-1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e escritor. Aínda que inicialmente se negou a recoñecer a Xosé I Bonaparte como rei de España (1808-1813), despois converteuse nun dos seus conselleiros. Emigrou a Francia en 1814 pero volveu a España entre 1816 e 1831. Escribiu Lamentos políticos de un pobrecito holgazán (1820) e Dicionario Geográfico Estadístico e Histórico-Biográfico (1885). Foi membro da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Herdeiro dos obradoiros tipográficos que Antonio Fraiz Piñeiro estableceu en Santiago de Compostela a partir de 1673, tanto el como os seus sucesores tituláronse “impresores del Santo Oficio”. Montero herdou o oficio de Pedro Fraiz e del fíxose cargo entre 1769, ano de La vida de D. Juan de S. Clemente, e 1796, cando se imprimiu o Sermón de la agonía, obra de Reguera. Foron estes os obradoiros responsables da maior parte dos libros impresos en Santiago de Compostela durante o segundo terzo do s XVIII, e aínda se mantivo en mans de membros da mesma familia ata o primeiro terzo do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo alemán. Estudou matemáticas e teoloxía en Basilea. Freire franciscano, uniuse máis tarde á Reforma. É autor da Cosmographia Universalis, publicada en Basilea (1544).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante de orixe galega. Estableceuse desde 1501 en La Española, actual Santo Domingo, e en 1508 Nicolás de Ovando, gobernador da illa, ordenoulle explorar as costas de Cuba e probablemente demostrou a súa insularidade. En 1512 trasladouse a Darién, onde fixo amizade con Vasco Núñez de Balboa, que o enviou como representante ante a Casa de Contratación de Sevilla; durante a travesía fixo escala en Cuba e axudou a Diego de Velázquez na conquista da illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada no Pico Sacro (Boqueixón). Pertenceu a un mosteiro dedicado tamén a san Sebastián fundado en 904 polo bispo Sisnando por orde de Afonso II. En 912 Ordoño II cedeuno con todas as súas pertenzas ao mosteiro de San Martiño Pinario. Abandonado, foi restaurado no s XII ata que foi finalmente abandonado. Da igrexa non se conserva nada e do mosteiro só esta pequena capela, dunha soa nave e capela maior rectangular, cun arco triunfal semicircular peraltado que descansa sobre columnas exentas. No lugar houbo unha torre que servía para vixiar os camiños que, atravesando o Ulla, chegaban ata Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Membro da cabalaría, loitou en Marrocos e ascendeu a xeneral en 1926. En xullo de 1936 era director xeral da Garda Civil, pero mantívose fiel á Segunda República e foi comandante en xefe do exército do centro (1936-1937). A raíz da crise de maio de 1937 designárono xefe do exército do leste. Foi destituído tras o fracaso final ante as forzas franquistas en marzo de 1938.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e administrador. Inquisidor en Sevilla e oidor en Granada, en 1524 foi nomeado bispo de Santo Domingo e presidente da audiencia de Nueva España en 1527. Regresou a España e foi bispo de Tui (1538-1540), León (1539-1542) e Cuenca (1542-1547) e presidente da Chacelaría de Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Membro da corrente decorativista, a súa obra partiu da copia de Il Veronese e serviu de transición cara á pintura do settecento veneciano, e en particular cara á de Giambattista Tiepolo. Pintor de gran sona no seu tempo, buscou na súa obra a grandiosidade co emprego dunha escenografía compositiva e un cromatismo moi vivo. Traballou en Venecia, Florencia, Roma, Viena, Londres ou París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sebastián Martínez-Risco Macías.

    VER O DETALLE DO TERMO