Martínez-Risco Macías, Sebastián
Poeta, ensaísta e xurista, irmán de Manuel Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Ingresou na carreira xudicial e exerceu como maxistrado, profesión que abandonou para dedicarse á avogacía. Da súa produción xurídica destacan El Régimen jurídico de la propiedad territorial en Galicia a través de sus instituciones forales (1958) e Las ideas jurídicas del Padre Feijoo (1973). Foi colaborador de diversas publicacións periódicas, como Galicia, Grial e Boletín da Real Academia Galega, en que incluíu artigos sobre os principais escritores galegos, e participou no Galician Programme da BBC. No campo literario, en que se inclúen obras de clara influencia neotrobadoresca e hilozoísta, destacan 14 Nadaliñas 1958-1973, Trébol poético (1943) e Do recuncho amado (1980). Gañou os Xogos Florais de 1945 no apartado de poesía en galego. Foi membro da Real Academia Galega, da que foi elixido presidente (1960), do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijoo e cofundador da Editorial Galaxia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ourense -
Deceso
Lugar : A Coruña