"Bay" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 72.
-
PERSOEIRO
Ilustradora. Estudiou na Escola de Belas Artes de Barcelona (1959-1964). A súa andaina como debuxante, comezou na editorial La Galera e na revista Cavall Fort, onde iniciou as súas colaboracións en 1964. Asina os seus debuxos como Pilarín, e destacan os da colección Petites Històries, da editorial Mediterránea, dedicada a personaxes do mundo da arte e da ciencia. Colabora en distintas publicacións periódicas (El correo catalán, Oriflama e El 9 nou). Recibiu a medalla de ouro Ville d’Avignon (1987), a Creu de Sant Jordi (1991) e o Premi de Crítica Serra d’Or (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula que permite calcular, dadas as probabilidades a priori P (Ai), correspondentes a diversas causas A1,..., An, mutuamente excluíntes, as probabilidades a posteriori P (Ai /B). Estas probabilidades a posteriori ou condicionadas indican o feito de que a causa Ai fose precisamente a que motivou o efecto B observado.
-
PERSOEIRO
Matemático e pastor presbítero. Publicou postumamente a súa memoria Ensaio sobre a resolución dun problema na doutrina de probabilidades (1763), de grande importancia estatística e epistemolóxica, onde introduciu o concepto de inferencia indutiva ao tentar determinar a probabilidade das causas a partir da dos efectos observados. Tamén escribiu An introdution to the doctrine of fluxions (Unha introdución á doutrina dos fluídos, 1736).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e retratista. Foi pintor da corte dende o ano 1767 e director da Academia de San Fernando de Madrid no ano 1788. Dun rococó brillante, evolucionou cara a un clasicismo académico, e foi o máis persoal dos pintores do círculo de Mengs. Dedicouse sobre todo á pintura mural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de Merclein e de Luzán en Zaragoza. No ano 1757 ingresou na cartuxa de Auladei, onde fixo o noviciado. Logo de realizar pequenos encargos para decorar varias cartuxas, a obra que o acredita como mestre foi a decoración da sancristía da igrexa de San Gil de Zaragoza. No ano 1793 realizou as pinturas do presbiterio da catedral de Jaca e, pouco despois, do ciclo da vida de santo Bruno, para a Cartuxa de Las Fuentes (Colegio Mayor de Santiago, de Huesca). O seu estilo mantense fiel á tradición barroca.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Calvados, na Baixa Normandía, Francia, centro do Bessin (14.704 h [1990]). Mercado agrícola e pequeno núcleo industrial (imprenta e plásticos); a súa manufactura tradicional de encaixes ten moita sona. A catedral de Notre-Dame, edificada orixinariamente no s XI, foi reconstruída no s XIII e é unha mostra típica do gótico normando. O museo da Raiña Matilde contén o Tapiz de Bayeux. Cidade de orixe galorromana, foi saqueada numerosas veces por causa das invasións normandas -ata a formación de Normandía, no s X-, da Guerra dos Cen Anos (1356) e das guerras de relixión. Durante a Segunda Guerra Mundial estivo en poder dos nazis ata que foi conquistada polos aliados en 1944.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación coa que é coñecido o bordado de 70,34 m por 50,55 cm que se conserva no museo da Raíña Matilde de Bayeux. Tamén recibe o nome de Tapiz da Raíña Matilde. Estímase que foi realizado entre os anos 1080 e 1090. É unha obra de notable realismo e consta dunhas 70 escenas que representan a conquista normanda de Inglaterra. Trátase dunha das raras pezas medievais de tema profano.
-
PERSOEIRO
Escritor turco. De familia campesiña, traballou como mestre e foi un activo sindicalista. En 1958 gañou o Premio Yunus Nadi coa novela Yilanlarin Öcu (A vinganza das serpes), a primeira dunha monumental triloxía onde describe as condicións de vida dos campesiños en Anatolia. Malia o éxito, a publicación foi mal recibida entre os elementos oficiais conservadores e Baykurt foi apresado e exiliado na RFA.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pensador e escritor. Combateu a intolerancia relixiosa e as disputas teolóxicas ou filosóficas, que el consideraba inútiles. O seu Ditionnaire historique et critique (Dicionario histórico e crítico, 1695-1697) é considerado un precedente da crítica histórica da Encyclopédie. O seu pensamento foi interpretado de diversas formas, dende un escepticismo puro e simple ata un fideísmo racional baseado en determinadas verdades fundamentais das que non se podería dubidar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto militar. Estableceuse en Barcelona ao inicio da Guerra Civil (1936-1939); dirixiu, con éxito, a expedición republicana para someter Eivissa, e despois pasou a Mallorca, desde onde se tivo que retirar. Posteriormente marchou a Madrid, onde obstaculizou a ofensiva franquista coa táctica da guerrilla. Ao rematar a guerra (1939), estableceuse primeiramente en Cuba e despois en México, onde coñeceu en 1955 a Fidel Castro, do que foi dende entón colaborador. Escribiu, entre outras obras, Mi desembarco en Mallorca (1944) e Mi aporto a la Revolución Cubana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. No 1989 coa obra O poeta azul de Ferrol foi galardoado co II Premio Nacional de Poesía e no 1991 acadou o Premio Esquío. É autor do poemario Tempo de chover (1994). Ademais, colabora na revista Poesía Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Templo budista, situado no centro xeométrico do recinto de Angkor Thom (Camboxa). Foi edificado por Yaśovorman VII (ss XII-XIII) e corresponde ao período final da arte khmer. Pertence ao tipo de templo-montaña, de planta cadrada. Inclúe un complexo sistema de galerías e contén unhas características torres, decoradas cada unha con catro faces monumentais do bodhisattva Lokésvara. Son interesantes os seus baixorrelevos dende o punto de vista iconográfico e histórico.
-
PERSOEIRO
Pianista. Profesora nos conservatorios de Pamplona e Zaragoza e da Universidade de Verán de Jaca. De formación musical autodidacta, difundiu as obras de Federico Mompou, Jesús Guridi ou Fernando Remacha, entre outros compositores, e versionou con grande éxito a suite Iberia de Isaac Albéniz. Para piano e orquestra estreou a Rapsodia de Estella de Remacha e a Fantasía homenaje a Walt Disney de Guridi, entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Baviera, Alemaña, á beira do Main, nos contrafortes de Fichtelgebirge (72.000 h [1990]). Núcleo comercial, industrial (téxtil) e universitario de importancia rexional. Obtivo sona internacional a raíz de que Richard Wagner a escolleu como lugar de residencia e instalou nela o teatro dos festivais, o Festspielhaus. Os festivais, totalmente dedicados á obra de Wagner, celébranse regularmente desde 1876. A cidade foi fundada no s XII polos condes de Andechs-Diesse; no ano 1791 converteuse en posesión de Prusia e no 1810 de Baviera. O s XVIII foi o do seu maior esplendor cultural e artístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espectáculo musical celebrado en Bayreuth que conmemora a figura e obra musical de Richard Wagner, onde se reúnen os máis prestixiosos intérpretes da súa música. O festival realízase dende 1876 no Festspielhaus, teatro deseñado polo arquitecto Otto Brückwald, comezado en 1872 e rematado e inaugurado en 1876 coa estrea da obra O anel dos nibelungos. Entre 1945 e 1950 deixou de celebrarse, ata 1951, data na que se celebra anualmente e sen interrupción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filtro de mensaxería electrónica da compañía SGI que ten como función principal detectar códigos binarios non desexados dentro dunha mensaxe electrónica. Cando está en funcionamento detecta estas mensaxes e bloquéaas, impedindo a súa distribución e alertando o administrador do sistema ao que chegaron ou do que ían saír.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intérprete de BASIC baseado no estándar ANSI e destinado a ofrecer o maior grao de compatibilidade posible con contornos de programación BASIC en distintas plataformas. Non obstante , non dispón de acceso á interface gráfica de Macintosh e tampouco permite compilar programas e distribuílos sen o código fonte. Resulta útil para crear códigos sinxelos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Badía da costa SL de Australia, en Nova Gales do Sur, situada entre as penínsulas de La Pérouse, ao N, e Kurnell, ao S (9,6 km de anchura). James Cook chegou por primeira vez en 1770, dándolle este nome debido a súa riqueza forestal. Na actualidade atópanse numerosos parques nacionais no seu contorno, como o Royal National Park, Brisbane Water Park National Park e o Wollemy National Park.
-