Bayón, O
Bayón, O
[ARQUIT/RELIX]
Templo budista, situado no centro xeométrico do recinto de Angkor Thom (Camboxa). Foi edificado por Yaśovorman VII (ss XII-XIII) e corresponde ao período final da arte khmer. Pertence ao tipo de templo-montaña, de planta cadrada. Inclúe un complexo sistema de galerías e contén unhas características torres, decoradas cada unha con catro faces monumentais do bodhisattva Lokésvara. Son interesantes os seus baixorrelevos dende o punto de vista iconográfico e histórico.