"Bello" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 48.

  • PERSOEIRO

    Tratadista de arte e arqueólogo. Foi nomeado por Clemente X anticuario de Roma. A súa obra máis importante é Vite de pittori, scultori ed architetti moderni (Vida de pintores, escultores e arquitectos modernos, 1672). Está escrita cun criterio selectivo e non limitada aos artistas italianos. Atacou o Naturalismo de Caravaggio e o Manierismo, e defendeu un termo medio entre a idea e a natureza, actitude identificada co eclecticismo de Annibale Carraci, a quen consideraba o auténtico herdeiro da grandeza de Raffaello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido Veloso. A súa orixe está nun alcume que se aplicaba aos individuos caracterizados polo moito belo ‘pelo’

    2. Liñaxe orixinaria de Limia. Este apelido pode aparecer representado nos tratados heráldicos coas formas Beloso, Velloso ou Veloso. Os cabaleiros desta caste tamén eran designados co apelido Ribera ou Rivera. Entroncaron con casas ilustres de Viveiro. As súas armas levan, en campo de ouro, tres bandeiras de goles, dúas en aspa, e a terceira atravesando as outras dúas. Algúns investigadores reseñan outra variante que leva un castelo cunha dama asomada e, ao seu pé, un falcón cunha perdiz nas gadoupas; no alto tres flores de lis (armas dos Araúxo e dalgúns dos Falcón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Farmacia e Ciencias Biolóxicas pola Universidad Complutense de Madrid, onde foi profesor de Botánica (1934). En 1943 ocupou a cátedra de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e en 1964 a de Fitoxeografía da Universidad Complutense de Madrid. Durante a década 1964-1974 simultaneou o traballo na universidade coa dirección do Real Jardín Botánico de Madrid. Entre as publicacións que dedicou á flora galega destacan: Mantissa Stirpium Gallaeciae (1950), Anotaciones a la flora criptogámica gallega (1952), Adiciones y correcciones a la flora de Galicia (1959) e Notas sobre la flora gallega (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador italiano. Coñecido polo nome de Canaletto. Sobriño e discípulo de Giovanni Antonio Canal. As súas obras, nas que se reproducen vistas de diversas cidades, son dun estilo semellante ás do seu tío e a miúdo confundíanse coas súas, a pesar da superioridade artística de Canal. O seu estilo é máis sombrío, describindo as aglomeracións de xente como as paisaxes nórdicas. As súas vistas de Varsovia serviron na reconstrución da cidade trala Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor canadense de procedencia xudía. É autor, entre outras, das Dangling man (Home en suspenso, 1944), The Aventures of Augie March (As aventuras de Augie March, 1953), Dean’s December (O decembro do decano, 1981), A theft (Un roubo, 1989) e Something to remember me by (Algo para recordarme, 1991). Premio Nobel (1976), a súa novela expón a loita do individuo norteamericano situado entre o rexeitamento da civilización moderna e a identificación co seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo norteamericano. Membro do grupo Ash Can School, cultivou un expresionismo violento, derivado das pinturas negras de Goya e baseado en temas de boxeo, a súa antiga afección. Colaborou na exposición Armory Show (1913), feito que lle fixo evolucionar cara a un estilo de base xeométrica máis lírico e colorista. Nos anos finais da súa vida dedicouse ao retrato. Escribiu Both members of this Club (Os dous membros deste club, 1909) e Stag at Sharkey’s (Solteiro en Sharkey´s, 1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Larva de libélula ou doutro insecto, verme ou saltón empregado como engado na pesca fluvial.

    2. Rapaz inquieto que non para de andar dun lugar para outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista venezolano. Exiliado entre 1928 e 1936 e entre 1938 e 1941 polas súas actividades contra a ditadura, foi un dos fundadores en 1941 do partido Acción Democrática e presidiu en 1945 a xunta revolucionaria que derrocou a Isaías Medina Angarita. Tralo golpe de estado de Pérez Jiménez en 1948 houbo de exiliarse novamente. Logo de restablecerse a democracia no ano 1958, foi elixido Presidente deica 1964. Neste período levou a cabo reformas moderadas e perseguiu á extrema esquerda. Fundou os xornais Orve (1936) e El País (1943), e publicou diversas obras de carácter político como Una república en venta (1937) e Venezuela, política y petróleo (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Publicou o libro Bibliotecas escolares. Importancia de esas Bibliotecas, su organización y funcionamiento. Medios de fomentarlas. Libros más adecuados para ellas (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao neno moi inquieto e traste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cesta grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e profesor. Doutorouse en Filosofía e Medicina (1846) pola Universidade de Santiago de Compostela e foi nomeado rexente de socioloxía e lóxica da facultade de Letras compostelá. Exerceu en Ourense e foi profesor de filosofía no Seminario desa cidade. Foi redactor de La Aurora del Miño e de El Eco de Galicia e, en 1860, colaborador de El Correo de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘canteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor chileno. Colaborador en distintos xornais e revistas, a súa obra é de orientación costumista. Da súa produción destaca El inútil (1910), El monstruo (1912), El roto (1920), Valparaíso, la ciudad del viento (1931), Criollos en París (1933), El subterráneo de los jesuitas (1966) e Nuevas crónicas (1966). Membro da Academia Chilena de la Lengua (1954), recibiu o Premio Nacional de Literatura (1943) e o Premio Nacional de Periodismo (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral de Radio Principal-Cadena SER en Monforte de Lemos e Vilalba, e de TV-7 Sur. Realizou estudios de arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e especializouse en xestión e dirección comercial de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1974 comezou a súa actividade radiofónica en Radio Madrid (SER) e en 1979 en Radio Lugo. A mediados dos anos oitenta desenvolveu a súa faceta televisiva no programa Telegalicia de TVE. Posteriormente presentou na TVG Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade e Cousa-cousiña. Volveu a RNE-4 para dirixir e presentar Hoxe en día e en 1990, de novo na televisión, Mar a Mar en TVE Internacional. Recibiu o premio Tertulia de RNE ao mellor programa televisivo por Telegalicia (1987) e diferentes premios TP como mellor presentador (1988) e mellor programa (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos froitos ou aos animais cativos ou de baixa calidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de maio de 1841. Cesou a súa edición o 26 de xuño dese ano. Editado e impreso por Xosé Núñez Castaño, amosábase crítico cos escritores románticos da época; moitos artigos están asinados cos nomes de Enarda e Galatea, pseudónimos que empregaban os irmáns Antonio e Alberto Camino. Cambiou o seu nome polo de El Iris de Galicia e, posteriormente, por Revista de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Carpinteiro libertario. Foi un dos fundadores e presidente do Centro de Estudios Sociales Germinal. En 1907 organizou unha sociedade agraria que integrou posteriormente na Unión Campesina, da que tamén foi membro fundador xunto con Manuel Martínez Pérez e Manuel Rey Suárez. Presidiu a I Asemblea Agraria de Monforte grazas ao apoio de Solidaridad Gallega, o que derivou nun enfrontamento con Martínez Pérez e a escisión posterior de Unión Campesina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal situado en Ferrol. Ademais das obras do ferrolán Filipe Bello Piñeiro, os seus fondos mostran obras doutros artistas galegos ademais de fotografías antigas e gravados sobre a historia da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO