Belloso
Belloso
(
-
[ONOM]
Forma castelá correspondente ao apelido Veloso. A súa orixe está nun alcume que se aplicaba aos individuos caracterizados polo moito belo ‘pelo’
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe orixinaria de Limia. Este apelido pode aparecer representado nos tratados heráldicos coas formas Beloso, Velloso ou Veloso. Os cabaleiros desta caste tamén eran designados co apelido Ribera ou Rivera. Entroncaron con casas ilustres de Viveiro. As súas armas levan, en campo de ouro, tres bandeiras de goles, dúas en aspa, e a terceira atravesando as outras dúas. Algúns investigadores reseñan outra variante que leva un castelo cunha dama asomada e, ao seu pé, un falcón cunha perdiz nas gadoupas; no alto tres flores de lis (armas dos Araúxo e dalgúns dos Falcón).