"Betán" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 34.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sector litoral do L do golfo Ártabro formado na desembocadura dos ríos Mendo e Mandeo, ao pé da cidade de Betanzos. Esténdese entre as puntas Camoureda, ao L, e de San Amadio, ao O. Ao N destas puntas ábrese á ría de Ares. Ao S da ponte de Pedrido, entre as parroquias de Viñas (concello de Paderne) e Moruxo (Bergondo), a ría foise enchendo de depósitos fluviais ata constituír unha área de marismas que dificultan a navegación, practicable tan só por lanchas de pouco calado, o que provocou o esmorecemento da actividade portuaria na cidade de Betanzos, próspera ata o s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi levantado a partir de 1557 por iniciativa do presbítero Antonio González Sosa, quen contou co apoio do arcebispo de Santiago de Compostela Xoán de San Clemente. Está edificado sobre unha antiga capela que pertenceu á parroquia de san Martiño de Brabío. As obras desenvolvéronse ao longo dos ss XVI, XVII e XVIII. A nave da igrexa está flanqueada por tres capelas. O retablo maior é neoclásico. No exterior destaca a torre-campanario, obra de Fernando de Casas Novoa (1700-1714) co padroado do arcebispo Monroy.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi fundado en 1292 e reedificado por Fernán Pérez de Andrade o Bo en 1387. Construído na segunda metade do s XIV, responde ao modelo de planta de igrexa mendicante en forma de cruz latina, de nave única e cuberta en madeira, cruceiro con capelas funerarias e cabeceira con tres ábsidas abovedadas. No interior destacan a concepción espacial e os relevos escultóricos da capela maior. Conserva un gran número de sepulcros entre os que destaca o de Andrade o Bo. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 29 de setembro de 1919.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Roque de Betanzos.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Betanzos. Foi patrocinada por Fernán Pérez de Andrade o Mozo no s XV, seguindo as trazas de gótico tardío. Presenta unha planta basilical de tres naves separadas por piares, con cuberta de madeira cun artesoado do s XIX, e tres ábsidas poligonais cubertas con bóvedas de crucería. No muro S engadíronse catro capelas entre as que destaca a do arcediago, a de san Pedro e a de san Pablo, fundada por Pedro de Ben, que conta cun retablo atribuído a Cornielles de Holanda. No interior hai diversas esculturas funerarias. A portada principal está organizada con arquivoltas vexetais e animais, cun dosel coa figura de Cristo e co tímpano adicado ao Apóstolo Santiago. A torre foi derrubada en 1900. A porta S ou Porta Santa conserva un tímpano encastrado. Por esta porta entraban os peregrinos que se dirixían ao santuario dos Remedios ou do Camiño en Tiobre e os que desembarcaban nalgún dos portos da provincia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Aventureiro que participou na conquista de Perú acompañando a Pizarro. Realizou a tradución da Suma y narración de los incas que los indios llamaron Capaceuna (1551), onde se reflicten numerosos costumes bolivianos e peruanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político cubano, marqués de Santa Lucía. Sucedeu a Céspedes como presidente da República en armas (1873-1875). En 1895 uniuse ao movemento separatista de Máximo Gómez e participou na Asemblea constituínte que proclamou a República de Cuba, da que foi novamente presidente ata 1898.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación coral fundada polo seu director Manuel López Castro en 1969. Legalmente está constituída como Asociación Cultural e subvencionada por entidades públicas e privadas, e, paralelamente, realiza unha intensa actividade cultural ao organizar exposicións, conferencias e certames literarios. Na súa primeira actuación presentouse con 72 compoñentes e o seu número variou co tempo, cunha media de 50 voces. O seu repertorio abrangue obras polifónicas, música sacra, habaneras, espirituais negros e música do Nadal. Destaca a súa actuación no concerto anual Ciudad de Betanzos, que se celebra co gallo das festas patronais o 13 de agosto en colaboración con outras agrupacións musicais da localidade. Realizou numerosas actuacións en Galicia e fóra dela (Astorga, Madrid, Salamanca, Santurce e Castro Urdiales). O 18 de maio de 1973 participou, xunto coa Coral Polifónica Follas Novas e a Orquestra do Conservatorio da Coruña, na estrea mundial da Cantata Nova Galicia, de Rogelio Groba; en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en Betanzos a comezos de 1932. Un ano máis tarde, integraba dez sociedades dos concellos de Betanzos, Bergondo (Lubre e Guísamo), Sada (Soñeiro, Carnoedo, Meirás, Mondego e Sada) e Oza dos Ríos (Mondoi e Porzomillos) que representaban 580 afiliados. Durante a Fronte Popular dividiuse nas homólogas de Sada e de Betanzos.
-
PERSOEIRO
Personaxe evanxélico, irmán de Marta e María e amigo de Xesús Cristo. Como di o Evanxeo segundo San Xoán foi resucitado por Xesús Cristo despois de tres días morto e enterrado. A súa festividade celébrase o 17 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Irmá de Lázaro e María. Aparece dúas veces nos Evanxeos, acollendo a Xesús Cristo na súa casa de Betania e na escena da resurrección de Lázaro. Considerouse no mundo cristián como exemplo da ama de casa hospitalaria, da que é patroa, e como símbolo da vida activa en contraste coa vida contemplativa da súa irmá. Na iconografía viste túnica e manto, aínda que outras veces aparece con hábito monacal. O seus atributos son un salterio ou un rosario; outras veces, un dragón ou un animal monstruoso. Desde a Idade Media, leva unha vasoira e unha culler, ou calquera instrumento de cociña. A súa festividade celébrase o día 29 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festa patronal que se celebra anualmente en Betanzos. Destaca o globo que se eleva a noite do 16 de agosto. Claudino Pita Pandelo deseñou un novo modelo en 1875 e desde entón continúan coa tradición os seus descendentes.
-
-
Relativo ou pertencente a China e a Tibet, conxuntamente, e ás linguas sino-tibetanas.
-
Phylum de linguas do SL de Asia. Comprende linguas como o chinés, o tibetano, o birmano, o bárico e o carénico. Algúns autores tamén inclúen nela as linguas miao e yao, faladas en diversos lugares do SO de China. OBS: Tamén se denomina linguas indochinesas.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Tíbet, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante do Tíbet.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo tibetano.
-
Individuo do pobo tibetano.
-
Pobo de etnia mongola, con notables diferenzas étnicas segundo as rexións, que habita na rexión autonóma do Tíbet e en boa parte das provincias chinesas de Sikang, Quinghai e Sinkiang, no Ladākh e no Sikkim (India), en Nepal setentrional e en Bhutan.
-
-
Lingua do phylum sino-tibetano que falan os tibetanos. Presenta numerosas variacións dialectais. De estrutura monosilábica, son característicos os diversos niveis de tonalidade e a variedade de formas honoríficas segundo a posición do interlocutor. A escritura e a gramática foron elaboradas no s VII por T’on-mi Sam-bho-ṭa a partir da escritura india. Usan a escritura alfabética horizontal, de esquerda a dereita, e de puntuación intersilábica, e consta de 30 consoantes e 4 vogais.
-
Literatura cultivada en lingua tibetana. Eminentemente relixiosa, segue dous modelos ben definidos: o da India, para as obras de carácter ético e filosófico, e o de China, para as obras históricas. As primeiras obras de relevo (dos ss VII e VIII) son traducións do canon búdico, compiladas posteriormente (no s XIII) co nome de bKa’-’gwur, cuxos comentarios filosóficos formaron o bsTan-’gyur.
-
Arte musical cultivada no Tíbet. Tivo influencia chinesa, india, árabe e indonesia, e os instrumentos máis característicos son unhas trompas xigantes e outras constituídas con ósos humanos. A percusión consiste especialmente en timbais e címbalos. Os cantos búdicos son homófonos, coa participación de campás, e ademais de culto do templo, destacan as danzas de máscaras, C’am; os cantos de traballo, t’on-skad, e as cancións con danza, glu-gar.
-
...
-