Betanzos, San Francisco de

Betanzos, San Francisco de

Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi fundado en 1292 e reedificado por Fernán Pérez de Andrade o Bo en 1387. Construído na segunda metade do s XIV, responde ao modelo de planta de igrexa mendicante en forma de cruz latina, de nave única e cuberta en madeira, cruceiro con capelas funerarias e cabeceira con tres ábsidas abovedadas. No interior destacan a concepción espacial e os relevos escultóricos da capela maior. Conserva un gran número de sepulcros entre os que destaca o de Andrade o Bo. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 29 de setembro de 1919.