"Bonn" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 25.

  • GOLFOS

    Golfo da costa guineana que abrangue as costas dos estados de Camerún, Guinea Ecuatorial e parte das de Nixeria e Gabón; esténdese desde o delta do Níxer ao cabo López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e clavecinista. Descendente dunha saga de coñecidos organistas, está considerado como o precursor dos grandes clavecinistas franceses. Foi primeiro clavecinista de cámara de Luís XIV e tivo numerosos discípulos, entre eles os Couperin, Robert Cambert e Jean-Henri d’Anglebert. Compuxo obras exclusivamente para clave dunha elaborada ornamentación, como a colección Pièces de clavecin (Pezas de clavecín, 1670).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Foi autor dunha concepción psicolóxica sensualista que exerceu unha grande influencia sobre os ideólogos, como Destut de Tracy ou Cabanis. Prolongou a análise gnoseolóxica de Locke e sostivo que a reflexión non era unha segunda fonte do coñecemento, senón un efecto natural e espontáneo das sensacións que, ao combinarse entre elas, facían xurdir desde o exterior (antiinnatismo), e de xeito progresivo, todas as ideas e facultades. Este sensualismo determinou tamén a súa concepción da vida social e económica, que se baseou na sensación de necesidade. Na súa análise da linguaxe afirmou que non existía unha correspondencia entre signo e significado e que polo tanto a linguaxe non era perfecta. Estimou entón que unha ciencia para ser perfecta tiña que ter unha linguaxe perfecta e definiu a ciencia como unha linguaxe ben feita. Das súas obras destacan Essai sur l’origine des connaissances humaines (Ensaio sobre a orixe dos coñecementos humanos, 1746), Traité des...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexislador, filósofo e moralista francés. Escribiu De la législation ou principes des lois (1776), obra na que propugnou o establecemento dun tipo de sociedade próxima á ideal e Entretiens de Phocion sur le rapport de la morale et la politique (1768), onde denunciou a distribución inxusta dos bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento público de ensino superior de París. O centro acolle a École des Chartes e desde 1968 é sede das universidades París I (Panthéon-Sorbonne), París III (Sorbonne nouvelle) e París IV (París-Sorbonne). Fundado en 1257 por Robert de Sorbon, era un simple colexio ou pensionado para mestres e estudantes pobres. Adquiriu rapidamente unha grande influencia e converteuse no centro das deliberacións xerais da facultade de Teoloxía. Foi pechada durante a Revolución Francesa, e en 1802 acolleu os artistas que antes se reunían no Musée du Louvre. En 1821 foi destinada a centro da Université París e a facultade de Teoloxía foi suprimida en 1885.

    VER O DETALLE DO TERMO