"CAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
PERSOEIRO
Militar romano que mandou unha das tres columnas -as outras dúas ían dirixidas por Publio Carisio e Octavio Augusto- que no ano 29 a C comezan a serie de campañas coñecidas como guerras astur-cántabras, que acadaron o sometemento dos derradeiros pobos e territorios que estaban irredentos ao poder de Roma na Península Ibérica. Parece que Antistio se encargou das lexións X Gemina e VI Vitrix con base en Bracara Augusta, sendo el quen, tras moitas dificultades causadas tanto pola orografía como polo carácter guerreiro dos indíxenas, venceu de maneira definitiva os cántabros entre os anos 29 e 25 a C.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten carácter de antigüidade.
-
Fase inicial dun proceso natural ou histórico, dun ciclo formal artístico ou literario.
-
Anticuado, caído en desuso.
-
Segundo a definición actual deste período, é un termo incorrectamente usado para referirse aos terreos máis antigos do NO peninsular; debería empregarse Precámbrico ou Vendense.
-
-
Relativo ou pertencente ao arqueozoico.
-
era arcaica
Arqueozoico.
-
-
Período da arte grega que abrangue os ss VIII-VI a C.
-
Denominación coa que é coñecida cada unha das series de culturas de América Central e do Norte (parte sudoccidental e atlántica) anteriores ás grandes culturas americanas. Comprende o final do Paleolítico en Norteamérica, abranguendo dende o final das culturas paleoindias (7000 a C) ata a introdución da economía agrícola en gran parte das rexións durante o primeiro milenio antes da nosa era. Caracterízase por múltiples adaptacións económicas rexionais, semisedentarias de amplo espectro con caza de pequenos animais, pesca e, especialmente, recolección vexetal. En California datan do primeiro milenio a C, sendo típicas as casas semisubterráneas de planta redonda. Á parte atlántica correspóndenlle pobos cazadores e recolectores. En América Central as culturas arcaicas van dende o segundo milenio ao ano 400 a C e están moito máis desenvolvidas (pirámide de Cuicuilco).
-
-
-
Calidade de arcaico.
-
-
Supervivencia de elementos procedentes de canons artísticos propios dun tempo pasado.
-
Imitación deliberada de formas primitivas ou antigas.
-
-
En determinadas correntes de pensamento evolucionista, termo que designa o xeito de manifestarse a primeira fase do desenvolvemento dun fenómeno.
-
-
Forma léxica ou construción sintáctica antiga que pode estar en desuso, por exemplo, o termo cobra para designar as estrofas no ámbito da lírica medieval, ou o apelativo mia senhor para designar a dama nas cantigas de amor. Pode ser tamén un termo aínda hoxe utilizado como, por exemplo a forma do artigo masculino el que constitúe un arcaísmo morfolóxico conservado nas expresións El-Rei e El-Señor; ou o arcaísmo sintáctico el utilizado como reforzo nas interrogativas; por exemplo: El si, Carliños? ‘A que si Carliños’.
-
Uso de palabras, formas ou construcións antigas. O uso dos arcaísmos pode estar orixinado por unha tradición literaria ou por un recurso estilístico. Na literatura distínguense dous tipos de arcaísmo: os conservados por tradición ou os empregados para conseguir un determinado estilo. Así por exemplo, sería ridículo falar dun ‘casco’ na descrición dunha batalla ocorrida na Idade Media, pois esta voz na actualidade evoca un elemento que leva un motorista, un bombeiro, un ciclista, etc; deste xeito, non resulta axeitado falar de casco para referirse ao Cid Campeador senón que de helmo. Outros arcaísmos utilízanse para reflectir mellor as épocas pasadas, como aconteceu cos poetas neotrobadorescos que recuperaron as formas léxicas e estróficas medievais co fin de evocar a atmosfera de antano ou aproveitar a expresividade dos vocábulos antigos. Os arcaísmos contribúen tamén a configurar un rexistro culto; así, por exemplo, Eduardo Pondal emprega nos seus poemas moreas...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa afectada polo uso de arcaísmos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Frase ou estilo que presenta trazos arcaicos; ou mesmo dun autor afectado polo uso de arcaísmos.
-
-
Usar arcaísmos.
-
Encher de arcaísmos unha lingua.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide da areca que se presenta en forma de sólido soluble na auga, e que se funde, anhidro, a 232°C. O seu éster metílico é a arecolina.
-
PERSOEIRO
Cónsul romano, fillo de Caio Asinio Pollio. Xefe da oposición senatorial, foi asasinado por mandato do Emperador Tiberio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor romano. Colaborador de César, estivo con el na Batalla de Mundae; morto este, loitou contra Sexto Pompeio. Marco Antonio fíxolle legado da Galia Traspadana, onde repartiu as terras entre os soldados. Devolveulle a Virxilio a súa pequena leira, confiscada anteriormente, motivo polo que este lle dedicou a égloga cuarta. Foi nomeado cónsul trala Paz de Brindisi (40 a C). Obtivo numerosas vitorias ante os partos (39 a C) pero rompeu con Marco Antonio e retirouse a escribir. Entre as súas obras poéticas, dramáticas, etc, a máis importante, hoxe perdida, foi unha Historia da Guerra entre César e Pompeio. Fundou a primeira biblioteca pública de Roma e instituíu as recitacións públicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
anestesina.
-
-
Relativo ou pertencente a Bizkaia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Bizkaia.
-
Dialecto do vasco falado en Bizkaia, algúns puntos de Araba e o O de Gipuzkoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
biscaíño.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, da comarca do Val de Albaida, situado no centro do val de Bocairent (97 km2; 4.627 h [1996]). Rodeado polas serras de Onteniente e Mariola, drenado polos ríos Vinalopó, Xúcar e Clariana. O territorio é de carácter montañoso, con bosques de piñeiros e aciñeiras. Na agricultura predominan os cultivos de secaño, se ben o regadío aproveita as augas do Vinalopó. Os cultivos máis estendidos son os cereais e as árbores froiteiras, especialmente a maceira nas áreas de regadío, e os cereais, oliveira e o bidueiro nos de secaño. A actividade económica básica é a industria, cunha ampla tradición no téxtil, especialmente a fabricación de mantas. A poboación medrou, fundamentalmente ao longo do s XVIII. De orixe islámica, foi vila real con voto en Cortes. Dentro do termo municipal hai restos ibéricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación en galego aparecida en Santiago de Compostela en novembro de 1986. Foi editada pola Dirección Xeral de Tributos e Política Financeira, dependente da Consellería de Economía e Facenda. Ofrecía datos económicos e bancarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia de estrutura similar á mepivacaína, que funde a 225°C. Emprégase en medicina como anestésico local. A súa potencia anestésica é catro veces superior á da lidocaína.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Ensino coa Axuda do Ordenador serve para facilitar certos procesos de aprendizaxe, completando e, en parte substituíndo, a acción do mestre, por medio dun esquema evolutivo e flexible de preguntas e respostas, e dunha comunicación de tipo conversacional co alumno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamento corpo a corpo que se realiza como proba de fortaleza ou como simple diversión. Remata cando algún dos adversarios ou os dous caen ao chan.
-
-
Relativo ou pertencente aos caiapós.
-
Individuo do conxunto de tribos caiapó.
-
Conxunto de tribos indíxenas do Brasil da familia jê, situadas entre o curso medio do río Araguaia e do Xingu.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘pulga’.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Formado en dereito, serviu no exército español na súa loita contra os franceses (1808-1814). En 1812 exerceu como representante das provincias do vicerreinado de Nueva Granada. Unha vez que se produciu o alzamento das colonias americanas, foi nomeado tenente coronel e formou parte do Consello de Goberno das colonias. Trala Batalla de Boyacá, en 1819, foi nomeado gobernador da provincia de Neiva e deputado do Congreso granadino. Durante a ditadura de Simón Bolívar (1828-1830) foi secretario de Interior e presidente do Consello de Ministros. En 1830, tralo abandono da presidencia por parte de Bolívar, ocupou durante un breve período de tempo este cargo, do que foi apartado en 1831 cando o Congreso elixiu como presidente a Joaquín Mosquera. Volveu ser nomeado gobernador da provincia de Nevia e tres anos antes da súa morte, en 1840, foi vicepresidente da República de Colombia.
VER O DETALLE DO TERMO