Asinio Pollio, Caio
Asinio Pollio, Caio
Político e escritor romano. Colaborador de César, estivo con el na Batalla de Mundae; morto este, loitou contra Sexto Pompeio. Marco Antonio fíxolle legado da Galia Traspadana, onde repartiu as terras entre os soldados. Devolveulle a Virxilio a súa pequena leira, confiscada anteriormente, motivo polo que este lle dedicou a égloga cuarta. Foi nomeado cónsul trala Paz de Brindisi (40 a C). Obtivo numerosas vitorias ante os partos (39 a C) pero rompeu con Marco Antonio e retirouse a escribir. Entre as súas obras poéticas, dramáticas, etc, a máis importante, hoxe perdida, foi unha Historia da Guerra entre César e Pompeio. Fundou a primeira biblioteca pública de Roma e instituíu as recitacións públicas.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso