"COBE" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 36.
-
PERSOEIRO
Compositor. Vinculado ao coro papal de Roma, cando volveu a España estableceuse en Segovia, onde estreou unha misa a seis voces para a coroación de Filipe II de Castela. Compuxo motetes e outras obras relixiosas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora e museóloga. Foi directora dos museos e galerías da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) (1974). Como investigadora traballou no Espacio escultórico da cidade universitaria coa obra Cóatl e participou na fundación do Laboratorio de Investigación de Arte Urbano (1980). Foi directora do Museo de Arte Moderno de Ciudad de México (1982-1984). As súas primeiras obras (1960-1964) estiveron influenciadas polo academicismo. Dende 1968 buscou a integración coa arquitectura e realizou paneis de gran tamaño denominados muros dinámicos, entre os que destaca Ambiente Gráfico (1971). Participou na Ruta de la Amistad promovida con motivo dos Xogos Olímpicos coa obra Puertas al viento (1968). Entre outras instalacións destacan El espíritu de los árboles (1990) e La isla de las cabras (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Protexido do príncipe de Éboli, foi nomeado por Filipe II alcaide do castelo de San Felipe e Casas Reales de Santander. En 1575 o rei nomeouno secretario de Xoán de Austria para informar dos actos e proxectos deste como gobernador de Flandres. Opúxose á princesa de Éboli e a Antonio Pérez e obtivo probas de que ambos vendían cargos públicos e segredos de Estado, polo que foi mandado asasinar polo secretario real.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Burato circular ou elíptico no alto do casco practicado a un e outro lado da roda, por onde pasan as cadeas das áncoras e os cabos que serven para amarrar a nave.
-
Burato situado na popa da empavesada dunha embarcación que serve para apoiar os cabos do amarre.
-
-
PERSOEIRO
Pintor, fillo de Francisco Fernández Sarela. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, pintou as súa columnas en 1783. Trasladouse á Coruña, onde realizou diversos traballos de pintura para a colexiata e a capela de San Xosé. Na igrexa de San Nicolao pintou e dourou o retablo colateral de san Lourenzo. Pintou dous dos cadros do Monumento ao Dous de Maio que estaba situado na portería do concello coruñés.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Doutor en Xurisprudencia pola Universidad Central de Madrid, foi catedrático de diversas disciplinas na Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu á comisión encargada de redactar as observacións do claustro da universidade compostelá sobre o proxecto de instrución pública en 1869. Dos seus escritos destacan De los Censos en la Legislación General de España: Indicaciones (1880) e Proyecto que el vogal de la comisión constituida para emitir informe acerca del derecho foral de Galicia, o denominado así, somete como ponente de la misma comisión al juicio de sus ilustrados compañeros (1889). Foi decano do Colexio de Avogados e da facultade de Dereito, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, senador real e membro da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor esloveno. Empregou a miúdo o nome latinizado Jacobus Gallus, compuxo misas e moitos motetes. As súas obras son unha síntese de escritura contrapuntística dos franco-flamengos coa escola policoral veneciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, marqués de Astáriz. Participou na Guerra de Independecia e apoiou o levantamento constitucional de 1820. Loitou contra as partidas realistas á fronte da Milicia Nacional Activa de Ferrol, e trala volta do absolutismo tivo que exiliarse (1823-1833). Deputado por Galicia (1834-1835), foi comandante militar e gobernador civil de Lugo (1835). Comandante xeneral da praza de Santiago de Compostela (1836), enfrontouse co arcebispo Vélez e co bispo auxiliar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, irmán de Antonio María de Parga Puga. Foi reitor do colexio de Fonseca de Santiago de Compostela, ministro de Gobernación (1820), conselleiro de Estado e presidente da Xunta de Fomento de Riqueza do Reino. Foi membro da Real Academia da Historia e do Real e Supremo Consello de Indias. Legou a súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ourive e gravador. Pertenceu a unha destacada familia de artistas composteláns dos ss XVIII-XIX. Como ourive, destacan as súas figuras de san Xosé e santa María Salomé do relicario da catedral de Santiago de Compostela. Autor de numerosos gravados, como a estampa da Purísima Concepción; ilustrou as Sinodales do bispo Gil Taboada e decorou o libro Arte de reloxes... (1757) de P. Manuel del Río.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Concreción calcaria que se forma no interior do estómago dalgúns doentes a causa da inxestión de cabelos e substancias estrañas.
-
GALICIA
Xurista e político. Catedrático de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, foi director de Diario de Galicia e El Ideal Gallego. Gobernador civil de Lugo (1923-1930), fundou a Federación Católica Agraria e presidiu a Unión Regional de Federaciones Católicas Agrarias. Escribiu Orientaciones Regionalistas (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador cinematográfico. En Ourense fixo amizade cos irmáns Lourenzo, sobre todo con Xocas e comezou a súa afección ao cine. Marchou a Madrid e a través da Residencia de Estudiantes interesouse pola acción política e o cine. En 1933 fundou o cineclub da Federación Universitaria Escolar (FUE) e investigou na obra de Flaherty, Eisenstein, Dovjenko, Pudovkin e Vertov. Filmou en 16 mm a súa tese doutoral sobre o comportamento das abellas e en 1934 dirixiu varias curtametraxes documentais, como La ciudad y el campo (1934), Felipe II y El Escorial (1935), Almadrabas (1935) e Galicia, tamén denominado Finisterre (1936). Velo deixou España en febreiro de 1938 para filmar no N de África a longametraxe documental Romancero Marroquí. En 1939 fuxiu a Francia e desde alí exiliouse en México. Neste país asumiu a secretaría xeral do Comité Técnico de Ayuda a los Republicanos Españoles. En 1942 colaborou na fundación da revista Saudade xunto...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Haití (1804-1806). De nome Jean-Jacques Dessalines, era escravo en Santo Domingo e axudou a Francia durante a guerra de liberación de Haití (1804). Ao proclamarse a independencia (1804) foi gobernador xeral e nomeouse emperador. Foi derrocado e morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe hebrea, asociado ao nome do patriarca bíblico Xacob, aínda que a súa evolución parte do nome dos dous apóstolos que, na tradución latina do Novo Testamento, aparece baixo a forma Iacobus. Presenta a variante Xacobo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Apóstolo Santiago e ao seu culto.