Escobedo, Helen
Escultora e museóloga. Foi directora dos museos e galerías da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) (1974). Como investigadora traballou no Espacio escultórico da cidade universitaria coa obra Cóatl e participou na fundación do Laboratorio de Investigación de Arte Urbano (1980). Foi directora do Museo de Arte Moderno de Ciudad de México (1982-1984). As súas primeiras obras (1960-1964) estiveron influenciadas polo academicismo. Dende 1968 buscou a integración coa arquitectura e realizou paneis de gran tamaño denominados muros dinámicos, entre os que destaca Ambiente Gráfico (1971). Participou na Ruta de la Amistad promovida con motivo dos Xogos Olímpicos coa obra Puertas al viento (1968). Entre outras instalacións destacan El espíritu de los árboles (1990) e La isla de las cabras (1993).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ciudad de México