"COE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 127.

    1. Relativo ou pertencente aos coelernos.

    2. Individuo do pobo dos coelernos.

    3. Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, do convento xurídico bracarense. Segundo Plinio, situaríase entre os bibalos e os galaicos. Para Ptolomeo localizaríanse, en cambio, entre os nemetatos e os galaicos, e tería como cidade Coeliobriga. Estudios recentes sitúan este pobo na rexión de Celanova e identifican Coeliobriga co castro de Castromao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Influído por Rubens, con quen se relacionou durante a súa estadía en España, e pola escola de Boloña do s XVII, foi un artista recoñecido na Lisboa de finais do XVII. Destacou pola interpretación da súa temática relixiosa baixo as pautas do Concilio de Trento. Foi pintor da corte (1678-1708) e deixou abondosas obras nas igrexas lisboetas de São Roque (Ascenção), Madre de Deus ou Paulistas, así como nas igrexas de Santo Anão (Évora), Nossa Señora da Assunção de Elvas e na de Sesimbra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Teoloxía en 1965, doutorouse nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía en 1987 na Universidade do Porto. Profesor nesta universidade, especializouse en epigrafía e a Idade do Ferro no NO peninsular. Colaborador habitual das revistas Arqueologia, Gaya, Poligrafia e Portugalia, é director da revista Lucerna. Entre as súas obras sobresaen A idade dos metais em Portugal (1983), A cultura castreja no noroeste de Portugal (1986), Idade do Ferro em Portugal (1990), As origens do Porto (1994) e Portuguese Castros: the evolution of the habitat and the proto-urbanisation process (Castros portugueses: a evolución do hábitat e o proceso de protourbanización, 1995). Realizou a catalogación do material arqueolóxico do Museu Municipal de Etnografia e História de Póvoa de Varzim. Foi vogal da comisión nacional de arqueoloxía, membro da comisión científica internacional para o val do Côa, director do Instituto de Arqueologia da Universidade do Porto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. A partir de 1878 foi profesor de filoloxía románica comparada e de filoloxía portuguesa na Universidade de Lisboa. Está considerado como o introdutor da filoloxía científica en Portugal. Na súa primeira obra, A língua portuguesa: phonologia, etymologia, morphologia e syntaxe (1868), que marcou o inicio dos estudios filolóxicos en Portugal, realiza un estudo comparativo das linguas románicas. Publicou, ademais, Questões da língua portuguesa (1879), Os dialectos românicos ou neo-latinos na África, Ásia e América (1880) e O Ensino histórico filológico e filosófico em Portugal até 1858 (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario. Estudioso de Fernando Pessoa, dirixiu as obras completas de Teixeira de Pascoais e de Camilo Castelo Branco, e editou poetas do prerromanticismo e do romanticismo portugués. É autor de A Educação do Sentimento Poético (1944), Problemática da História Literária (1961), e ademais foi o director do Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira (1968-1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor portugués. Estudiou dereito en Coimbra e exerceu como maxistrado. Da súa produción destaca In illo tempore (1902), Os meus amores (1891) e Manual político do cidadão português (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar republicano portugués. Participou na revolución de 1891, pola que foi desterrado durante cinco anos. Posteriormente, exerceu como gobernador xeral de Angola (1911-1912) e como xefe de goberno (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Traballou como director e autor teatral, compositor e xornalista antes de consagrarse á literatura. É o fundador do Instituto Paulo Coelho, institución financiada exclusivamente polos dereitos de autor, que loita polo benestar da terceira idade e da infancia. Pertence ao Board do Instituto Shimon Peres e é conselleiro da Unesco para Diálogos Interculturais e Converxencias Espirituais. Da súa produción destacan, entre outras obras, Arquivos do inferno (1982), O alquimista (1988), Brida (1990), Manual do guerreiro da luz (1997), Veronika decide morrer (1998) e O demônio e a Srta Prym (2000). Recibiu a distinción Chevalier de l’Ordre Nationale de la Legion d’Honneur (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oppidum ou vila dos coelernos. Tradicionalmente, identificábase con algún dos castros da parte media ou alta do río Cávado (Portugal) ou da desembocadura do Douro. Non obstante , trala aparición no ano 1970 dunha tésera de hospitalidade no castro de Castromao (Celanova), identifícase co mesmo Castromao.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Col nova do sementeiro ata o momento de ser transplantada.

    2. col.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Covo onde se crían os coellos do monte.

    2. Lugar ou gaiola onde se crían coellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do litoral da parroquia e concello do Vicedo, situada entre as rías do Barqueiro, ao O, e de Viveiro, ao L.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para cazar coellos, especialmente aplicado aos cans.

    2. Persoa que cría ou vende coellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente das terras situadas entre o Douro e o Miño. As súas armas levan, en campo de prata, un león rampante, da súa cor e coroado, bandado como o de Benavides e a banda axadrezada de ouro e goles; bordo de azul, con oito cruces baleiras como as de Calatrava.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero de ata 77 cm de lonxitude e 2 kg de peso, de ollos grandes, redondos e negros, orellas longas de coloración uniforme, cola curta e patas traseiras máis grandes, adecuadas para desprazarse con saltos. A pelaxe é curta e de cor gris acastañada, agás o ventre que é branco. O extremo das patas presenta uns pelos longos que axudan a obter unha marcha silandeira. Son animais gregarios e sedentarios que comparten os tobos; preto deles están as latrinas, dispostas en sitios conspicuos nos que os excrementos sinalan os territorios familiares. Aliméntanse, principalmente, de plantas herbáceas, as máis das veces das familias das poáceas e das asteráceas, aínda que tamén se poden alimentar de poliñas, gromos, sementes e froitos. Durante a dixestión dos alimentos ten lugar a cecotrofia. Cada animal consome diariamente ata 500 g de plantas. Teñen ciclos de actividade curtos ao longo de todo o día, pero os desprazamentos máis longos teñen lugar durante o solpor, e non lles gusta o vento nin a...

    2. Lagomorfo de pelame amarelo cinsento, cunha mancha rubia na parte superior do pescozo. Vive en bosques e claros da selva sudafricana e da rexión dos Grandes Lagos.

    3. cobaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Fillo dun broncista portugués establecido en Madrid, foi discípulo de Francisco Rizi. Converteuse no representante máis importante da escola madrileña do s XVII. En 1683 foi nomeado pintor do rei e en 1686 pintor de cámara. Decorou o teito da sancristía da catedral de Toledo (1671) e realizou os frescos da igrexa dos Agustinos de Zaragoza (1683). Elaborou un gran número de retratos entre os que sobresaen os de Carlos II. A súa obra máis importante foi La Sagrada Forma (1685), conservada na sancristía do mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de rinocerontes do Pleistoceno, de ata 3,5 m de lonxitude, co corpo recuberto dunha densa capa de pelo e con dous cornos na cabeza: un, de ata 1 m de lonxitude (nos machos), e outro á altura dos ollos. Viviu na estepa e na tundra euroasiáticas. Foi obxecto de caza por parte do home e consérvanse algunhas representacións, datadas en 30.000 anos, en covas do S de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos podoquesáuridos, de ata 3 m de lonxitude e cun peso menor a 25 kg. Tiña pescozo, a cola e as patas delgadas e longas, e a cabeza estreita con moitos dentes de bordo cortante e forma de serra. As patas traseiras, sobre as que se desprazaba, tiñan tres dedos con garras, e as anteriores, curtas, catro dedos, un deles reducido. Era un depredador veloz de finais do Triásico que aparece en xacementos de América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos macroúridos ao que pertence o peixe rato.

    VER O DETALLE DO TERMO