coelerno -na
coelerno -na
-
adx
Relativo ou pertencente aos coelernos.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo dos coelernos.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo indíxena (populus) da Gallaecia, do convento xurídico bracarense. Segundo Plinio, situaríase entre os bibalos e os galaicos. Para Ptolomeo localizaríanse, en cambio, entre os nemetatos e os galaicos, e tería como cidade Coeliobriga. Estudios recentes sitúan este pobo na rexión de Celanova e identifican Coeliobriga co castro de Castromao.