coeficiente

coeficiente

(< co- + eficiente)

  1. adx

    Que actúa xunto con outra cousa para producir un efecto.

  2. s m [MAT]

    Número ou parámetro que multiplica unha expresión alxébrica en forma de monomio.

  3. s m [FÍS]

    Magnitude que caracteriza unha determinada propiedade dun sistema. Xeralmente, exprésase mediante un cociente ou un produto de magnitudes de diferentes especies, de maneira que o seu valor numérico ten dimensións e debe expresarse en termos dunha unidade de medida, que provén do cociente ou do produto das unidades das magnitudes que o definen. A miúdo, os coeficientes confúndense cos factores, que normalmente son cocientes de magnitudes da mesma especie e, polo tanto, números adimensionais. Ex: coeficiente de dilatación.

    Ex: coeficiente de dilatación.

  4. coeficiente bancario [ECON]

    Norma sobre as relacións entre as partidas de balance bancario, establecida pola autoridade monetaria, para darlle solidez á entidade bancaria, garantir a seguridade dos depósitos e aplicar a política monetaria do goberno.

  5. coeficiente de comunidade [BOT/XEOG]

    Relación entre o número de especies comúns a dous inventarios e o número total de especies dos dous inventarios xuntos.

  6. coeficiente de selección [XEN]

    alor numérico que expresa o tanto por cento de descendentes que sobreviven cun xenotipo homocigótico recesivo.

  7. coeficiente intelectual [PSIC]

    Denominación impropia do cociente intelectual.

  8. coeficiente técnico [ECON]

    Cantidade dun determinado produto, expresada en unidades monetarias, necesaria para conseguir a produción dunha unidade doutro ben.