"COU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 304.

  • REXIÓNS

    Rexión industrial ao NO de Birmingham, en Inglaterra, Reino Unido. Comprende unha parte dos condados de Staffordshire e de Warwickshire. Recibe este nome a causa do ennegrecemento da rexión producido polos fumes derivados da explotación das minas de ferro e de carbón no s XIX. Co tempo, continúa a ser unha rexión esencialmente metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento dos Hautes-de-Seine, na Île-de-France, Francia (101.971 h [1990]). Suburbio industrial no SO de París, chamouse Boulogne-sur-Seine ata 1925. É unha área residencial (Boulogne) e industrial (Billancourt), onde se localizan fábricas de automóbiles (Renault) e doutros sectores, como o aeronáutico, o químico e o farmacéutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano do movemento explorador internacional. A decisión da súa creación tomouse na Jamboree de 1920. Tivo a súa sede en Londres ata 1958, ano no que se trasladou a Ottawa, en Canadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bombeiro. Emigrante en Bos Aires, ingresou no cuartel de vixilantes-bombeiros en 1870. Creou unha escola primaria para fomentar a alfabetización dos bombeiros. Publicou as obras: Materiales para incendios (1882), Reglamento para el personal de las bombas flotantes (1888), Servicio de incendios de las principales ciudades de Europa y América (1898) e Teatros. Su construción, sus incendios y su seguridad (1910). Recibiu as Palmas Académicas da Lexión de Honor do goberno francés e a Medalla O’Higgins ao mérito militar de Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xornalista. Emigrou moi novo á Arxentina onde se estableceu na provincia de San Juan. Alí fundou, con outros galegos, a Sociedad Española de Socorros Mutuos, da que chegou a ser o seu secretario. Unha vez establecido en Bos Aires, fundou co seu irmán a Sociedad de Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en La Plata (1919). Foi redactor de El Despertar Gallego e director de Galicia e da revista Umia y Lérez. Ademais, foi secretario da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, presidente da ORGA, vicepresidente da Irmandade Galega e da Unión Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Emigrou á Arxentina onde fundou en 1919, xunto co seu irmán, a Sociedad de Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en La Plata. Catro anos máis tarde creou a revista mensual desta sociedade chamada Umia y Lérez. Colaborou tamén como asesor literario e xornalista en varias publicacións bonaerenses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Mercou parte das súas rotativas a Benito Pérez Mon, impresor de Lugo, e estableceuse na vila de Betanzos. Nela imprimiu a obra Torre de Hércules, de Xosé Villar Sánchez e o primeiro xornal da localidade, El Censor, xunto con outras publicacións periódicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador. Establecido en Galicia desde os anos setenta, exerceu como asesor artístico do Instituto Arxentino da Cultura Galega. Tamén foi director da Galería Lucense de Bos Aires, encargado da biblioteca do Jockey Club de Bos Aires, director do Taller de Arte Abracadabra de Vigo e crítico de arte de La Voz de Galicia. Publicou os cartafoles de gravados Homenaxe a Castelao, Homenaxe a Rosalía e O extraño mundo, e ilustrou diversos libros como De norte a sur, de Ernesto Castany, e Xelmírez ou a Gloria de Compostela, de Daniel Cortezón. Colaborou na revista do Centro Gallego de Bos Aires para o que publicou diversos gravados e ilustracións de temática galega. A súa obra está presente en museos e coleccións de Arxentina e de España. Escribiu Los petra siniestros e Los juegos mágicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz titular de Constantinopla (1283-1307), filla de Filipe I de Courtenay e Beatriz de Anjou. En 1301, por medio dun contrato matrimonial, cedeulle os señoríos de Courtenay e os dereitos sobre Constantinopla ao seu marido Carlos de Valois, futuro Carlos I de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e naturalista francés. Coñecido como Adelbert von Chamisso, dirixiu o xardín botánico de Berlín e introduciu o concepto de alternancia de xeracións (1819). Entre 1815 e 1818 realizou unha viaxe ao redor do mundo que describiu en Reise um die Welt mit der Romanzoffischen Entdeckungsexpedition (Viaxe ao redor do mundo coa expedición descubridora de Romanzoff, 1821). Ademais, publicou Peter Schlemihls wundersame Geschichte (A marabillosa historia de Peter Schlemihl, 1814). Como poeta cultivou baladas e outras formas románticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político cubano, marqués de Santa Lucía. Sucedeu a Céspedes como presidente da República en armas (1873-1875). En 1895 uniuse ao movemento separatista de Máximo Gómez e participou na Asemblea constituínte que proclamou a República de Cuba, da que foi novamente presidente ata 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curso de Orientación Universitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre Frédy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mondoñedo baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mondoñedo. Foi un priorado beneditino que se reformou no s XX. Consta dunha nave e dunha ábsida con cuberta de madeira. No interior destaca un retablo do s XIX procedente do mosteiro de Vilanova de Lourenzá, coas imaxes de santa María Madanela, san Xosé, santo Antón e o Neno Xesús. Na fachada principal destaca unha espadana de dous corpos e tres vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Movemento de determinados animais, especialmente o cabalo, o burro ou a vaca, que consiste en erguer e lanzar violentamente cara a atrás as patas posteriores.

      2. Golpe causado cun movemento violento cara a atrás das patas posteriores de certos animais. Na tradición oral recóllense ditos como: “O couce da égoa non fai mal ao poldro. O couce da égoa non fire o cabalo”.

      3. Golpe que dá unha persoa co pé.

      1. Parte máis grosa e máis próxima ao chan dunha árbore.

      2. Extremo máis groso dun pau ou doutra cousa semellante.

    1. Parte dunha planta ou dunha árbore que permanece unida á raíz despois de cortala.

    2. Parella de animais de tiro que axuda a puxar pola carga do carro cando se abordela.

    3. Parte esquerda dunha embarcación.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e sindicalista. Traballador do estaleiro de Bazán que iniciou a súa andaina como delegado sindical antes de ocupar o cargo de secretario do comité de empresa. Ademais, exerceu como secretario comarcal da Unión General de Trabajadores (UGT) na comarca de Ferrol. A súa traxectoria política sempre estivo vinculada ao Partido Socialista de Galicia-Partido Socialista Obrero Español (PSdG-PSOE). Presidiu a comisión de Industria do Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985) e na II lexislatura, entre 1985 e setembro de 1989, mes no que accedeu á alcadía de Ferrol, logo dunha moción de censura. Despois das eleccións municipais de 1991, nas que resultou elixido alcalde de Ferrol Mario Villamil, unha nova moción de censura permitiu que volvese á alcadía, cargo que exerceu ata 1995. Así mesmo, foi deputado pola Coruña no Congreso de los Diputados durante a V lexislatura (1993-1996). En 1996 abandonou toda a súa actividade política.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar couces un animal. Na tradición oral recóllense ditos como: “Faco que coucea, mérqueo quen o queira”.

    2. Tirar do carro a xugada de animais que abordela.

    VER O DETALLE DO TERMO