Campos Couceiro, Pedro

Campos Couceiro, Pedro

Político e xornalista. Emigrou moi novo á Arxentina onde se estableceu na provincia de San Juan. Alí fundou, con outros galegos, a Sociedad Española de Socorros Mutuos, da que chegou a ser o seu secretario. Unha vez establecido en Bos Aires, fundou co seu irmán a Sociedad de Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en La Plata (1919). Foi redactor de El Despertar Gallego e director de Galicia e da revista Umia y Lérez. Ademais, foi secretario da Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales, presidente da ORGA, vicepresidente da Irmandade Galega e da Unión Gallega.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Forcarei