"CUT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

    1. Que sucede ou segue inmediatamente a algo. OBS: Normalmente, úsase en plural.

      1. Que expresa consecuencia.

      2. conxunción consecutiva

        Conxunción que introduce a claúsula que indica o efecto ou consecuencia do expresado na cláusula antecedente. En galego son conxuncións consecutivas, entre outras, que, logo, entón, pois, conque, etc, e locucións conxuntivas así que, de modo que, de maneira que, de xeito que, polo tanto, xa que logo, etc (

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos da familia dos hiénidos ao que pertencen algunhas hienas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario satírico en lingua catalá editado en Barcelona dende o 2 de xaneiro de 1902 ata o 25 de abril de 1912, próximo á Lliga Regionalista de Catalunya. Dirixida por Manuel Folch i Torres, contou coa colaboración dos debuxantes Cayetano Cornet, Junceda, Opisso, Bagaría e Feliu Elías. Trátase dunha publicación contraria ao centralismo do goberno do Estado e ao ideario de Lerroux. A aparición dunha caricatura crítica co exército provocou a súa suspensión entre novembro de 1905 e abril de 1906.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou San José de Cúcuta Capital do departamento Norte de Santander, Colombia (589.189 h [1997]). Está situada á beira do río Pamplonita, nos contrafortes setentrionais da cordilleira oriental dos Andes. A cidade, reedificada despois do terremoto de 1875, localízase nunha rexión agrícola de plantacións e gandería; constituíu un destacado centro comercial e núcleo industrial. No ano 1962 fundouse a Universidad de San Francisco de Paula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas parasitas da familia das cuscutáceas que comprende unhas 150 especies. Non presentan raíces nin follas e os talos son moi finos e longos, as máis das veces, de cores vivas. Fíxanse ás plantas que serven de hospedería mediante haustorios que penetran nos tecidos da planta hóspede. A parte externa presenta un engrosamento de onde nace o filamento zugador. Ten unha distribución case que cosmopolita; en Europa está representado por unhas 25 especies, das que C. approximata, C. epithymum e C. europaea están presentes en Galicia. Tamén se denomina barbas de raposo ou gorgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cuscutáceas.

    2. Herbácea parasita da familia das cuscutáceas.

    3. Familia de herbáceas parasitas da orde das solanais que só inclúe o xénero Cuscuta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical xurdida trala Asemblea constituínte do 17 de abril de 1999 que tiña como portavoz a Manuel Camaño Fandiño. Defínese como unha organización de clase democrática, asemblearia, anticapitalista e internacionalista, e defensora dos dereitos nacionais de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á pel ou á cute.

    2. Aplícase ao músculo que ten algunha inserción na derme.

    3. Aplícase ao nervio que se distribúe por unha área concreta da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pel humana, especialmente a do rostro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Consta dunha nave e dunha ábsida con teito de madeira. No interior destacan tres retablos: o maior, de estilo neoclásico (1886), contén un brasón que identifica os Amarante; o segundo (1772) procede da antiga capela de Fonfría; e o terceiro, tamén neoclásico (1890), ten á súa beira unha mesa de altar sostida por capiteis románicos procedentes da antiga igrexa de Facha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa ou membrana fina que recobre unha estrutura orgánica.

    2. Capa complexa, impermeable e resistente, que se deposita sobre a superficie externa das células epidérmicas das plantas de xeito que illa o seu interior e evita a perda de auga e, en boa parte, tamén a de gases. Consta de diversas capas: unha capa péctica, sobre a membrana celulósica, en continuidade coas láminas medias, non sempre presente; unha capa cutinizada, de celulosa impregnada de cutina e ceras; e unha capa cuticularizada, de cutina pura. É frecuente que sobre ela teña depósitos de cera epicuticular, hidrófuga.

    3. Capa protectora de natureza quitinosa, non celular, producida pola hipoderme, que reviste o corpo dos invertebrados.

    4. Epiderme dos vertebrados.

    5. Capa externa, de natureza quitinosa, das frutificacións dos fungos.

    6. Pel que nace na base das unllas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cutícula.

    2. Relativo ou pertencente á cute.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formado na Slade School de Londres, entrou en contacto con artistas, como Rey Butler, e cos conceptos da plástica europea. En 1985 instalouse en Évora, onde desenvolveu un traballo no que destaca o tratamento de materiais, como a pedra ou a madeira, o diálogo entre espazo e volume, e o predominio dos corpos femininos. Entre as súas obras destacan os monumentos públicos do Rei Dom Sebastião (Lagos, 1973) e Camões (Cascais, 1983), contemplados como un intento de desmitificar a estatuaria oficial do Portugal salazarista, así como a súa serie dos Guerreiros. Participou na Bienal de São Paulo (1979-1980) e en ARCO 1986.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tea grosa e resistente que, orixinalmente, se fabricaba con fíos de liño ou de cánabo, para máis tarde facerse con algodón. O máis corrente está raiado con dúas cores, e emprégase para a confección de coberturas para colchóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia cérea impermeabilizante que, disposta sobre a epiderme, forma a cutícula e serve para o control hídrico da planta e como defensa ante os patóxenos. Está ausente dos pétalos, das partes somerxidas das plantas acuáticas e tamén das raíces, que realizan unha función absorbente. A cutina pode presentar unha microornamentación que chega a ter interese para a distinción taxonómica das especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impregnación con cutina da membrana celulósica das células vexetais epidérmicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Impregnar(se) con cutina a membrana celulósica das células vexetais epidérmicas.

    VER O DETALLE DO TERMO