Cúcuta

Cúcuta

ou San José de Cúcuta Capital do departamento Norte de Santander, Colombia (589.189 h [1997]). Está situada á beira do río Pamplonita, nos contrafortes setentrionais da cordilleira oriental dos Andes. A cidade, reedificada despois do terremoto de 1875, localízase nunha rexión agrícola de plantacións e gandería; constituíu un destacado centro comercial e núcleo industrial. No ano 1962 fundouse a Universidad de San Francisco de Paula.