cucurbitáceo -a

cucurbitáceo -a

(< lat científico Cucurbita, xénero de plantas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á familia das cucurbitáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das cucurbitáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia da orde das violais, formada maioritariamente por herbáceas perennes, moitas delas rastreiras e gabeadoras con gabiáns, de follas alternas e xeralmente lobadas e divididas, flores unisexuais, actinomorfas e pentámeras vistosas que son polinizadas principalmente por insectos. Os froitos corresponden ao tipo pepónide ou a bagos, aínda que tamén hai especies autócoras. Poden existir froitos partenoxenéticos no xénero Cucurbita. Comprende uns 90 xéneros cunhas 700 especies de distribución principalmente tropical e subtropical. Pertencen a este familia as sandías, os melóns, as cabazas e os cogombros. En Galicia tamén están presentes os xéneros Bryonia e Ecballium.

Palabras veciñas

Cuculus | Cucumis | cucúrbita | cucurbitáceo -a | cucurbital | cucurbitino | Cúcuta