"Calde" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 91.

  • Persoa que fai, arranxa ou vende caldeiras, caldeiros, ou outros obxectos de caldeirería. Nas grandes cidades estaban frecuentemente unidos co gremio dos ferreiros, mentres que nas vilas e aldeas formaban un único corpo con outros oficios do ferro, agrupados na confraría de santo Eloi. Decaeron completamente a partir do s XVIII. Na tradición oral recóllense ditos como: “O caldeireiro, de ferro fai diñeiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou arte de traballar as pranchas de ferro, de cobre ou doutros metais para facer caldeiras e traballos de ornamentación mediante as operacións de trazamento, recorte e dobramento.

    2. Obradoiro onde traballa ou vende o seu material o caldeireiro.

    3. Lugar onde hai moito balbordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de aluminio ou lata, con tapadeira e asa, empregado para o depósito e transporte do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente con aro, de forma troncocónica e máis estreito no fondo que na boca, feito de diferentes materiais como plástico ou metal e empregado especialmente para conter ou transportar líquidos.

      1. Recipiente metálico cun aro de lado a lado, e máis pequeno ca a caldeira, onde se quenta ou ferve a comida do gando.

      2. Pequena vasilla metálica de base semiesférica, dotada dunha asa suxeita na boca, que se utiliza para cociñar alimentos, en especial ao aire libre. Está na orixe das caldeiradas e na preparación típica galega de carne ao caldeiro, cocida e condimentada con aceite e pemento.

    2. Recipiente de metal con buratos no fondo, empregado para asar as castañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e músico. Formouse na Escola Universitaria de EXB en Lugo. Pioneiro na fusión da música galega con outros ritmos, fundou en 1980 o grupo Brath, do que foi batería, percusionista e dende 1999 intérprete de cancións. Entre os anos 1985-1986 dirixiu e presentou un programa de música en Ondas Galicia que acadou o Primeiro Premio Galicia de Xornalismo 1985 ao mellor programa musical. Compaxinou a súa actividade musical e literaria co seu labor como funcionario da Xunta de Galicia e coa dirección da compañía de comunicacións Sons Galiza, dedicada á gravación e edición discográfica e bibliográfica. Publicou os poemarios Anacos de silencio (1986), O sul da auga (1992) e Servicios informativos. Foi galardoado co Premio Nacional de Poesía O Facho e co Premio Meigas e Trasnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Signo formado por un semicírculo cun punto no medio [U], que se coloca baixo ou sobre a figura dunha nota ou dunha pausa que debe ser executada libremente, sen cinguirse ao seu valor estricto; en xeral, prolonga a duración. Situado enriba dunha barra de compás, indica un respiro entre os dous compases separados pola barra.

    2. Signo [¶] que indicaba, nos manuscritos medievais e nos primeiros tempos da imprenta, o comezo dos parágrafos.

      1. Cetáceo do xénero Globicephala da familia dos delfínidos de fronte avultada, de cor negra, agás unha única mancha branca na gorxa, e aletas longas e estreitas. Viven en grupos de varios centos de animais ou con outros cetáceos e aliméntanse principalmente de cefalópodos que capturan de xeito cooperativo. Viven uns 50 anos e poden descansar de xeito vertical na superficie da auga.

      2. caldeirón común/ caldeirón de aleta longa

        [Globicephala melas, Fam dos delfínidos]

      3. caldeirón tropical/caldeirón de aleta curta

        [Globicephala macrorhynchus, Fam dos delfínidos]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xograr de finais do s XII, de orixe probablemente galega ou aragonesa. Consérvanse da súa autoría dúas cantigas transmitidas polos dous apógrafos italianos da lírica galego-portuguesa: o Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B) e o Cancioneiro da Vatiacana (V) e polo descriptus deste último. A primeira delas é unha cantiga de maldicir que V atribúe erroneamente a Pero Viviaez, onde se ridiculiza a muller fea, e a outra é unha sátira de costumes, con provenzalismos e expresións típicas das cantigas de amor, onde se burla da covardía duns cabaleiros cataláns e aragoneses que abandonan o servizo de armas que lles deben prestar ás damas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ponte Caldelas e a Caldelas de Tui ou aos habitantes de ambas as dúas vilas.

    2. Natural ou habitante de Ponte Caldelas ou de Caldelas de Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual aparecida en Castro Caldelas en marzo de 1977 que cesou no nº7. Editada na imprenta La Industrial, de Ourense, Jesús Losada Dorado foi o seu director e José Rodríguez Blanco o redactor-xefe. Entre os seus redactores figuraban Amalia López, Elena Fernández, José Salgado e Conchita Fernández, entre outros. Participaron como colaboradores Manuel Casado Nieto, Julio Amor, Justo Movilla, Pedro Cortón, Concha Salgado, etc. Estaba dividida nas seccións: “Editorial”, “Mujer”, “Noticiero Caldelá”, “Guía Comercial”, “Nuestra comarca”, “Cartas a Caldelao” e “Centros Gallegos del Mundo”. Contiña artigos de información comarcal, acompañados de fotografías e debuxos, e achegaba novas dos diferentes centros galegos espallados polo mundo. En lingua galega rexístranse diversos textos de temática cultural e algunhas poesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Castro Caldelas ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Castro Caldelas.

    3. Raza bovina morena galega, de cabeza proporcionada co perfil recto, fronte plana e ancha e cara alongada, orla prateada no fociño e mucosas negras. A cornamenta, aberta cara a fóra, é grosa con forma de gancho, de cor branca cos extremos escuros. O pelame cando nacen é de cor rubia, para logo tornarse negra cunha lista no dorso e no lombo de cor avermellada. Polo seu temperamento tranquilo, foi moi apreciada como animal de traballo, e pola rusticidade, como produtora de becerros. Os bois domados tiveron unha ampla demanda en Galicia e son exportados para o arrastre de pedras en Euskadi. Son propios das comarcas da Terra de Caldelas e Trives. No século XX tivo lugar un importante descenso do censo, debido á mecanización agrícola e a posteriores cruzamentos con outras razas, nun intento de mellorar as características leiteiras. A raza, que conta cunhas 5.000 cabezas, está considerada como vulnerable por parte da administración galega, polo que os rabaños se controlan en terreos do Invernadoiro,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que ostentou o concello de Ponte Caldelas dende 1813 ata 1845, nos sucesivos períodos de vixencia da Constitución e do municipalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Diminutivo do apelido Caldas. Documéntase no s XII: “Fernandus Sanctii de Caldellas” (doc ano 1182 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 535).

    2. Liñaxe que leva como armas un escudo partido: en campo de ouro, un losanxe de goles, que toca cos seus ángulos os extremos do escudo, cargado dunha cruz de prata; partido de prata, cun león rampante de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de san Martiño, coñecida polo seu balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terra de Caldelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Caldas de Reis ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Caldas de Reis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de caldear ou caldearse.

    2. Medios que unha persoa emprega para gorecerse do frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de pesca diúrna na que se utiliza como cebo a raba.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Caldea ou aos caldeos.

      2. Individuo do pobo semita dos caldeos.

      3. Pobo semita establecido en Mesopotamia a partir do s IX a C. Habitaron na antiga Sumer e organizáronse en clans cun xefe que nalgunhas ocasións asumía a hexemonía. Constituíron a base do alzamento babilónico contra a dominación asiria, coa dinastía chamada caldea ou neobabilónica que se estableceu a partir do 625 a C con Nabopolasar. Sobreviviu ao Imperio Asirio e durou ata o 539 a C.

      4. Nome antigo do arameo que se substituíu polo actual acadio. No s XIX este termo designaba a lingua cuneiforme e despois foi substituído por outros de acordo coas épocas ou rexións, como sumerio, asirio e babilónico.

      1. Igrexa cristiá siríaca oriental, chamada tamén asiria ou nestoriana, formada polos cristiáns do antigo imperio parto-sasánida. O termo aplícase máis en concreto ás comunidades desta igrexa que se uniron a Roma a partir do s XVI, que están agrupadas desde 1830 baixo o patriarcado de Babilonia dos Caldeos.

      2. Membro da igrexa caldea.

      1. Rito siríaco oriental practicado pola rama católica. De orixe antíoca, tivo como centro principal Edesa. Estendeuse a través da Igrexa Caldea por Mesopotamia e Persia, chegando ata China e India, lugares onde aínda subsiste. De todos os ritos orientais é o que conserva un carácter máis simple e arcaico, así como un carisma fundamentalmente bíblico.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor e debuxante norteamericano. Estudiou enxeñería mecánica e pintura. En 1926 fixo en París un conxunto de figuriñas de madeira e arame articuladas (Circo), que o levaron a facer esculturas de aramio. Máis tarde realizou obras de arte abstracta e os 30 móbiles presentados na Galería Vignon de París en 1932. Cos móbiles relaciónanse outros dous tipos escultóricos destacables na traxectoria artística de Calder: os standing mobiles e os stabiles, que presentan unha longa evolución desde as primeiras esculturas ata as formas monumentais como as do Falcón (1963) ou o Barón (1965). Ademais, fixo ilustracións, decoracións, xoias e fontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caldeira volcánica da illa de La Palma, Santa Cruz de Tenerife, Canarias, cunha extensión de 35 km2, declarada parque nacional en 1954. Situada dentro do municipio de El Paso. O relevo combina os picos do bordo da caldeira cos vales abarrancados polos que circulan cursos torrenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO