Caldelao

Caldelao

Publicación mensual aparecida en Castro Caldelas en marzo de 1977 que cesou no nº7. Editada na imprenta La Industrial, de Ourense, Jesús Losada Dorado foi o seu director e José Rodríguez Blanco o redactor-xefe. Entre os seus redactores figuraban Amalia López, Elena Fernández, José Salgado e Conchita Fernández, entre outros. Participaron como colaboradores Manuel Casado Nieto, Julio Amor, Justo Movilla, Pedro Cortón, Concha Salgado, etc. Estaba dividida nas seccións: “Editorial”, “Mujer”, “Noticiero Caldelá”, “Guía Comercial”, “Nuestra comarca”, “Cartas a Caldelao” e “Centros Gallegos del Mundo”. Contiña artigos de información comarcal, acompañados de fotografías e debuxos, e achegaba novas dos diferentes centros galegos espallados polo mundo. En lingua galega rexístranse diversos textos de temática cultural e algunhas poesías.