Caldelas

Caldelas
  1. [ONOM]

    Diminutivo do apelido Caldas. Documéntase no s XII: “Fernandus Sanctii de Caldellas” (doc ano 1182 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 535).

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que leva como armas un escudo partido: en campo de ouro, un losanxe de goles, que toca cos seus ángulos os extremos do escudo, cargado dunha cruz de prata; partido de prata, cun león rampante de azul.