"Chen" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • PERSOEIRO

    Intelectual revolucionario, fundador do partido comunista chinés. En 1915 fundou a revista Xin gingnian (Nova xuventude). Con Li Dazhae fundou un grupo comunista que en 1921 se converteu no partido comunista chinés. En 1927 considerouse responsable da política oportunista de colaboración co Guomindang e excluírono do comité central. O Guomindang encarcerouno dende 1932 a 1937.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capacidade de entendemento dunha persoa. Ex: Ten chencha de seu para facer dúas carreiras a un tempo.

    2. Capacidade para facer ben algunha cousa que require certos dotes ou determinadas calidades. Ex: Ten chencha de seu para arranxar o que se lle poña diante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo chinés. Afastou o neoconfucionismo da especulación cosmolóxica e centrouno nos problemas do li (‘principio’) e da natureza humana. Inaugurou a tendencia idealista neoconfucionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo chinés. Irmán de Cheng Hao. A súa actitude crítica o enfrontou co grupo de Sichuan, dirixidos por Su Chi. Dende 1097 foron prohibidos os seus ensaios e ignorado. En contraste co seu irmán, inaugurou unha tendencia racionalista dentro do neoconfucionismo, que culminou con Chu Hsi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hebei, China, situada ao norleste de Pequín, na ribeira do río Jehe, afluente do Luanhe (246.799 h [1990]). Foi capital da provincia de Jehol ata que esta se suprimiu (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do sheng de Sichuan, na rexión do Suroeste, China, situada ao pé do Tibet oriental, na ribeira do río Min (246.799 h [1990]). É un centro comercial e ten industria alimentaria, mecánica, téxtil, de artesanía de xade, bambú e madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Aínda que gratamente impresionado primeiro polos ideais da Revolución Francesa, non tardou en denunciar os seus excesos polo que foi guillotinado. En vida publicou unicamente poemas soltos pero en 1819 Henri de Latouche editou a súa obra. Escribiu Bucoliques, Élégies e deixou inacabadas Hermès e L’Amerique. Adscrito ao neoclasicismo, sinala o inicio do romanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político, irmán de André M. Chénier. Foi membro da Convención e do Consello dos Cincocentos. Autor de diversas traxedias e de Tableau de la littérature française de 1789 à 1808 (1816) e da letra do Chant du départ. O seu talante moderado levouno a participar na defensa de Luís XVI, feito polo que foi considerado sospeitoso e foi guillotinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Porriño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo renacentista da Turena (Tours), Francia, situado na ribeira dereita do Cher, construído (1515-1522) por Thomas Bohier. Catarina de Medici fíxolle engadir posteriormente (1547) un corpo alongado con tres plantas de galerías decoradas ao estilo italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das quenopodiáceas. Presenta follas planas e alternas, e flores hermafroditas ou femininas, de dúas a cinco pezas no perianto e dous estigmas. A este xénero pertencen os farnelos e a herba do té.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo dominicano. Foi discípulo de Gardeil, Mondonnet, Lagrange e Sertillanges en Le Saulchoir, onde ensinou posteriormente. Mestre en teoloxía (1931), especializouse en historia da teoloxía medieval. En 1942 foi desposuído da súa cátedra. O seu pensamento influíu moito no movemento de reforma que conduciu ao Vaticano II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da península do Yucatán, México, fundada polos itzas arredor do ano 530. Xunto coas cidades de Copán, Palenque e Tikal foi un dos principais centros do imperio antigo, aínda que foi abandonada cara ao ano 668. Cando os toltecas invadiron as terras maias, arredor do ano 940, os itzas establecéronse novamente en Chichén Itzá no 964 e deron inicio a unha nova etapa da cultura maia, o Imperio Novo. Ata o ano 1200 mantiveron a súa hexemonía na rexión, que decaeu posteriormente polas loitas civís. Xunto con Uxmal foi a cidade máis representativa do período maia posclásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘forzador (de pechaduras)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘forzar (as portas, bauis, caixas, etc)’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e intérprete norteamericano. Coñecido como John Denver, formou parte dun grupo de rock do que se separou en 1969 para emprender a súa carreira en solitario, como intérprete das súas propias cancións. Dedicado case por completo á música country, gravou numerosos discos entre os que destacan Rhymes and Reasons (1969), John Denver (1979), Seasons of the Heart (1982), Forever John (1998), Greatest Country Hits (1998) e Portrait (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Considerado como o fundador da moderna neuroloxía, investigou a aplicación de métodos eléctricos para establecer a diagnose e a terapia das doenzas musculares e nerviosas. É autor de L’électrisation localisée (A electricidade localizada, 1855), Mécanisme de la physiognomie humaine (Mecanismo da fisionomía humana, 1862) e Physiologie des mouvements (Fisioloxía dos movementos, 1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora austríaca. Describiu a vida da aristocracia vienesa, da pequena burguesía e do mundo campesiño de Moravia. Da súa produción destaca a novela Das Gemeindekind (O neno da comunidade, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos equeneidos, ao que pertence a rémora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hubei, situada na marxe esqueda do río Iang-Tsé, ao SL de Wuhan (190.123 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO