Chichén Itzá
Chichén Itzá
Antiga cidade da península do Yucatán, México, fundada polos itzas arredor do ano 530. Xunto coas cidades de Copán, Palenque e Tikal foi un dos principais centros do imperio antigo, aínda que foi abandonada cara ao ano 668. Cando os toltecas invadiron as terras maias, arredor do ano 940, os itzas establecéronse novamente en Chichén Itzá no 964 e deron inicio a unha nova etapa da cultura maia, o Imperio Novo. Ata o ano 1200 mantiveron a súa hexemonía na rexión, que decaeu posteriormente polas loitas civís. Xunto con Uxmal foi a cidade máis representativa do período maia posclásico.