chicharra

chicharra
s f [ANIMAL/ENTOM]

Insectos ortópteros do xénero Ephippiger, de ata 3 cm de lonxitude e de cor verde ou castaña, con longas patas posteriores modificadas para o salto, antenas de maior tamaño ca o corpo e pronoto en forma de sela de montar. As ás son moi curtas e de cor dourada; a esquerda superponse parcialmente sobre a dereita, coa que os animais dos dous sexos emiten un curto chío. En Europa están presentes na metade setentrional.

Sinónimos

Confrontacións

cigarra

Palabras veciñas

1 chicha | 2 chicha* | chícharo | chicharra | chicharro | Chichén Itzá | chicherere