Deutchendorf, John Henry

Deutchendorf, John Henry

Compositor e intérprete norteamericano. Coñecido como John Denver, formou parte dun grupo de rock do que se separou en 1969 para emprender a súa carreira en solitario, como intérprete das súas propias cancións. Dedicado case por completo á música country, gravou numerosos discos entre os que destacan Rhymes and Reasons (1969), John Denver (1979), Seasons of the Heart (1982), Forever John (1998), Greatest Country Hits (1998) e Portrait (1999).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Roswell, Novo México

  • Deceso

    Lugar : Monterey, California