"CiU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 59.
-
CIDADES
Cidade do estado de Sonora, México, situada na chaira litoral a carón do río Yaqui (219.180 h [1990]). Os proxectos de rego do Yaqui, realizados a partir dos anos cincuenta, converteron a cidade nun importante centro comercial.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, situada nunha chaira drenada polo río Guadiana e polo seu afluente, o Jabalón (59.392 h [1996]). É unha zona moi fértil, onde destacan os cultivos de secaño, principalmente cereais, oliveiras e viña. Esta riqueza agrícola converte a cidade nun importante centro comercial agrario. A industria máis importante é a relacionada coa agricultura (fábricas de fariña, azucre e aceite), á parte da construción que adquiriu grande importancia. A cidade, de forma circular, presenta unha estrutura radial, de superficie moi extensa, con rúas rectilíneas e edificios baixos. Foi fundada en 1225 por Afonso X o Sabio co nome de Villa Real, no lugar que antes ocupara a vila de Pozuelo Seco de Don Gil. A súa finalidade foi asegurar a defensa entre Toledo e as vilas xa reconquistadas en Andalucía. A súa situación xeográfica, no centro do señorío da orde militar de Calatrava, foi motivo de loita permanente pola posesión...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha (19.749 km2; 478.672 h [1996]). A capital é Ciudad Real. Está situada nunha chaira rodeada polos montes de Toledo e Sierra Morena, e atravesada de L a O pola conca do río Guadiana. O clima é bastante extremado, con invernos longos e fríos (mínimas inferiores a -5 C°). A economía é principalmente agrícola e destaca o cultivo da viña sobre as demais actividades. Existen pequenas explotacións mineiras, sobre todo de mercurio e hulla.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, á beira do río Águeda, afluente do Duero (14.901 h [1996]). É centro comercial e de transaccións agrícolas e gandeiras. Os principais cultivos son o tabaco, as hortalizas e as árbores froiteiras. A industria está representada por pequenas fábricas de materiais de construción; tamén ten minas de uranio e tungsteno. O primeiro asentamento que se coñece é o da antiga Mirobriga céltica, descrita por Plinio como unha cidade estipendiaria da Lusitania. Non hai máis referencias ata o s XII, momento no que foi repoboada polo conde Rodrigo Fernández. Durante a guerra entre Pedro I o Cruel e Enrique II de Trastámara (s XIV), pasou temporalmente á Coroa de Portugal, unha praza pola que se discutiu durante varios séculos. Coa invasión musulmá a cidade quedou destruída. Fernando II de León, despois de reconstruíla, concedeulle foro (1185) e a categoría de bispado. Durante a Guerra de Independencia foi conquistada por Napoleón e recuperada...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Tamaulipas, México, nos contrafortes de Sierra Madre, drenada polo río Grande (194.996 h [1990]). O comercio, a industria téxtil e a alimentaria son as principais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Mario Vargas Llosa en 1963. Presenta a vida dun grupo de adolescentes nun colexio militar, o Leoncio Prado, en Lima. A acción desencadeante é o roubo dun exame, suceso encuberto polos cadetes, que finalmente un deles denuncia á dirección do colexio. A investigación descobre unha serie de irregularidades de comportamento e pouco despois asasinan o delator. Aínda que outro cadete sinala o culpable, as autoridades militares deciden aparentar que non sucedeu nada extraordinario. A afirmación verbal da normalidade convértese na verdade oficial, que substitúe a verdade criminal. O tenente Gamboa rebélase contra a verdade imposta e destérrano, mentres os cadetes se reintegran á sociedade, dispostos a seguir os destinos que a súa posición social lles ofrece e a perpetuar a corrupción do sistema. Trátase dunha crítica a un modelo de educación baseado na aparencia de verdade e de xustiza, que utiliza pactos de cinismo para asegurar a vixencia do sistema. A técnica narrativa incorpora...
-
SEMANARIOS
Semanario de carácter satírico que se editou a principios do s XX na Coruña. César Alvajar, coñecido xornalista e poeta satírico da época, foi o seu fundador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal que comezou a súa andaina en marzo de 1917 en Mondoñedo. Dirixida por Aladino González, colaboraron na publicación Jesús Lombardía, José López e José Pérez Fontán. A impresión estaba a cargo de César González Seco Romero.
-
SEMANARIOS
Semanario independiente que saíu en decembro de 1917 en Ourense e que se autodefinía como “Defensor de verdad de los intereses locales y provinciales”. Dirixido por Gustavo Valencia Pérez e polo seu fillo, Ceferino Valencia Novoa, recibiu numerosas denuncias que ocasionaron a suspensión da súa tiraxe debido ás campañas de política local que realizaba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico publicado na Coruña dende setembro de 1812 ata 1815. Considerado como un dos máis liberais de España, estaba dirixido por Antonio de la Peña. Colaboraron na súa redacción Pardo de Andrade e Marcelo Calero. O seu obxectivo era de defender as ideas liberais da Constitución de 1812 e atacar a Inquisición. Levaba como subtítulo unha frase de Tácito: “Sentire, quae velis, et quae sentias, dicere licet”. No número 274 publicou o “Romance pola volta de Fernando VII”. Os seus integrantes formaron unha comisión para loitar contra o “poder arbitrario”, da que formaban parte Manuel Calero, José Commock, F. Javier Puig, Vicente Fernández ou Pablo Jerica.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación semanal que se editou en Ribadeo en novembro de 1868. Dirixida por Andrés de la Cavallería, cesou por mor dunha polémica que sostivo co concello sobre as eleccións municipais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu en Lugo no ano 1889 e que cesou en novembro dese mesmo ano por mor da censura da Igrexa. O seu director era Manuel Castro López.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Pintor e compositor lituano. Perseguiu a integración das artes e tratou de facer unha pintura máis próxima á música e á poesía; o seu cadro Sonata de outono inspírase nun poema de Edgar Allan Poe. O seu interese pola metafísica e o espiritismo levárono a pintar Sonata do mar, Preludio ou Zodíaco, obras nas que intentou plasmar unha pintura pura que se ten considerado precursora directa da de Kandinskij. Como compositor é autor de poemas sinfónicos (O bosque, 1901), cantatas (De profundis) e pezas para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Menorca, Illes Balears, situado no extremo SO da illa e formado por costas altas e rectilíneas, accidentadas por enseadas (21.296 h [1996]). É abundante a morfoloxía cárstica, na que destacan as covas da Parelleta ao SL. A vexetación, tipicamente mediterránea, está formada por bosque de piñeiro branco, oliveiras silvestres e matogueiras; no sector NL destaca a presenza da palmeira anana. As terras de cultivo dedícanse, fundamentalmente, á plantación de herbáceas para forraxe do gando bovino (produción de leite e queixos). O turismo experimentou un importante desenvolvemento. O núcleo, de orixe medieval, estaba dividido en barrios (a igrexa, Santa Clara, o Secors e San Francisco) pola intersección das rúas que unían os antigos portais da muralla. Destacan o centro comercial e administrativo, especialmente a rúa das Voltas, porticada, a praza da catedral e a ampla palestra, a antiga praza de armas, centrada polo obelisco que conmemora o saqueo da cidade polos turcos en 1558,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘leituga’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen actúa por comenencia.
-
-
Aplícase á persoa que actúa escrupulosamente, con moito esmero.
-
Aplícase a aquilo que se fai con esmero e coidado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de José Luis Pereiro Alonso, publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1981), que expón e reflexiona sobre a historia urbanística viguesa e atende tanto aos proxectos como ás realizacións, especialmente ao seu desenvolvemento nos ss XIX e XX. Segundo a obra, que constitúe un dos principais estudios urbanos realizados en Galicia, a urbanización de Vigo nesas dúas centurias respondeu a intereses especulativos, malia que non faltaron en diversos momentos proxectos e plans urbanísticos deseñados para construír unha cidade máis racional que, sen embargo, as máis das veces foron desbotados. A permisividade das autoridades responsables foi un dos factores que propiciou a adopción de modelos urbanizadores nos que, en xeral, primaron os intereses inmediatos dos promotores inmobiliarios, afastados das necesidades da poboación, que se viu abocada, segundo as conclusións do autor, a habitar un espazo inseguro, insalubre e, en certo sentido, inhóspito.
-
-
Relativo ou pertencente aos esciúridos.
-
Mamífero da familia dos esciúridos.
-
Familia de mamíferos roedores caracterizados por presentar os dentes trituradores da mandíbula superior provistos de cristas e os inferiores simples e cóncavos. Comprenden 50 xéneros e 260 especies que reciben as denominacións populares de esquíos arborícoras, esquíos das praderías, esquíos terrestres, esquíos voadores e marmotas.
-