Ciudad Real
Ciudad Real
Provincia da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha (19.749 km2; 478.672 h [1996]). A capital é Ciudad Real. Está situada nunha chaira rodeada polos montes de Toledo e Sierra Morena, e atravesada de L a O pola conca do río Guadiana. O clima é bastante extremado, con invernos longos e fríos (mínimas inferiores a -5 C°). A economía é principalmente agrícola e destaca o cultivo da viña sobre as demais actividades. Existen pequenas explotacións mineiras, sobre todo de mercurio e hulla.