"Comba" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 40.

  • Que ou quen combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen combate, referido especialmente a un soldado, individuo civil, comunidade ou país.

    2. Ave limícola que acada unha lonxitude no caso dos machos de 28 cm e no das femias de 23 cm. Son animais grosos, de cabeza angulosa, peteiro recto e postura ergueita, coas partes superiores cun deseño no que as plumas semellan escamas. En época nupcial os machos presentan unhas plumas grandes e vistosas na cabeza, no pescozo e no peito. É unha especie de distribución paleártica que aniña na tundra euroasiática e aparece en Galicia no inverno e na época de paso, na súa viaxe cara a África, en zonas húmidas do interior e da costa.

    3. Aplícase a cada un dos dous animais rampantes e enfrontados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Manter unha loita con alguén. OBS: Constrúese xeralmente coas preposicións con, contra e por.

    2. Loitar contra alguén, especialmente un grupo ou un exército.

    3. Facer que algo que se considera prexudicial ou daniño diminúa a súa intensidade ou efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode combater.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Predisposición para a loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao combate.

    2. Disposto a loitar pola defensa das súas ideas e dos seus intereses e atacar os contrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Valga. Baixo o nome de Santa Comba de Louro foi cabeza da antiga xurisdición de Cordeiro, que sufriu as invasións normandas pola súa proximidade ás Torres do Oeste. Antano foi un mosteiro de monxas fundado no s X polos condes Menendo e Tonda. En 1028 pertenceu a Vermudo III e, posteriormente, don García doouno á igrexa compostelá. Ao disolverse a comunidade de monxas, instalouse nas súas dependencias unha comunidade de cóengos regulares, polo que a igrexa acadou a categoría de colexiata. En 1478 anexionouse á colexiata de Iria por mandato de Alonso III de Fonseca. Consérvase a igrexa de estilo barroco con influencias neoclásicas (1733-1734). Realizouna o mestre Xoán Fontenla segundo a traza de Antón Barros. Ten planta de cruz latina, ábsida rectangular e cóbrese con bóvedas de medio canón. No interior destaca o altar maior, trazado por Xosé Bieito Malvárez e realizado por Alexandre Nogueira. As imaxes orixinarias deseñounas Xosé Gambino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rianxo. Datada no s XV, ten trazas gótico-mariñeiras con planta rectangular e unha soa nave dividida en catro tramos por arcos faixóns apuntados. A capela maior é de planta cadrada e cóbrese con bóveda de cruzaría. No lado norte ten acaroada unha capela de menor dimensión, a sancristía sitúase detrás da cabeceira. Nos laterais da nave principal atópanse dúas capelas dos ss XVI-XVII. Na fachada principal destaca a portada do s XVI con arco de medio punto e un relevo de Xesús Cristo bendicindo entre dous anxos. Nun lateral sitúase a torre-campanario do s XVIII, de planta cadrada con tres tramos e rematada en cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Trocado dividida entre os concellos de Bande e Lobeira, onde ten a súa cabeceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Santa Comba, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Xallas, situado no centro-O da provincia da Coruña e no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 43° 02’ 10” de latitude N e 9° 10’ 50” de lonxitude O. Limita ao N co concello de Coristanco (comarca de Bergantiños), ao L cos concellos de Tordoia (comarca de Ordes) e Val do Dubra (comarca de Santiago), ao S cos da Baña e Negreira (os dous da comarca da Barcala), e ao O co de Mazaricos (comarca de Xallas) e co concello de Zas (comarca de Terra de Soneira). Abrangue unha superficie de 203,7 km 2 cunha poboación de 10.588 h (2007), distribuída entre as parroquias de Alón, Arantón, Bazar, Cícere, Fontecada, Freixeiro, Grixoa, Grixoa de Esternande, Mallón, Montouto, A Pereira, San Salvador de Padreiro, Santa Comba, Santa Sabiña, Ser, Vilamaior e Xallas de Castriz. A capital está no lugar de Santa Cataliña de Armada, na parroquia de Santa Comba, localizada a 55 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Lobeira. baixo a advocación de San trocado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilaboa baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carnota baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro de Rei baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Maside baixo a advocación de santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico situada na parroquia de Covas (Ferrol).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cerceda. Ten planta dunha soa nave con ábsida rectangular á que se accede a través dun arco de medio punto. Cúbrese a dúas augas e conserva elementos románicos nos laterais. Sobresae a fachada, que remata cunha espadana que fai a función de campanario, cunha imaxe da Virxe e un rosetón sobre a porta principal. Tamén destaca o cruceiro do atrio.

    VER O DETALLE DO TERMO