"Concord" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 25.

  • Pacto asinado en Monteagudo (Soria) entre Xaime II de Aragón e Sancho IV, o 29 de novembro de 1291, para pórlle fin ao estado de guerra entre ambos os dous soberanos. Xaime II amosou demasiado interese en asegurar a paz para poder resolver o conflito de Sicilia, e o rei castelán obtivo a confirmación das fronteiras entre os dous reinos e a promesa de axuda aragonesa a Castela en caso de guerra contra os musulmáns. Estableceuse tamén o casamento entre Xaime II e Isabel, filla de Sancho IV e María de Molina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado de paz asinado entre Pedro III de Aragón e Pedro I de Castela, despois do fracaso deste no asedio de València (1363). Pactouse unha paz perpetua entre Aragón e Castela, baseada en vínculos matrimoniais: Pedro I casou con Xoana, filla do rei aragonés, e o primoxénito de Pedro III, Xoán, coa filla maior do rei castelán. Isto, non obstante, non atrasou a ruptura do acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentenza arbitral ditada en Segovia o 15 de xaneiro de 1475 que fixaba as responsabilidades respectivas de Isabel I (proclamada raíña de Castela o decembro anterior) e de Fernando, o seu marido -entón xa rei de Sicilia-, en canto á Coroa de Castela. A raíña reservábase a absoluta competencia en canto á distribución dos favores, cargos e rendas. Respecto á intitulación de documentos e á administración da xustiza, Fernando conseguiu ser nomeado en primeiro lugar e ter tribunal propio se se separaba da súa muller. A concordia tivo unha vixencia de tres meses, pois o 28 de abril de 1475, Isabel conferiulle ao seu marido plenos poderes para gobernar, rexer e dispoñer de Castela con completa autoridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tregua asinada en Valladolid o 7 de decembro de 1453 entre Xoán I de Navarra (futuro Xoán II de Aragón) e o seu fillo Carlos de Viana por intervención da raíña María, que lle valeu a liberdade a Carlos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto entre o Papa Calisto II e o Emperador Enrique V (1122) co que se puxo fin á Querela das Investiduras. O emperador renunciou á investidura polo anel e o báculo, pero conservou o dereito á investidura das regalías. O emperador concedeu a elección canónica e a libre consagración, aínda que a elección en Alemaña tiña que facerse na súa presenza ou na dos seus embaixadores. Os estados da Igrexa, que quedaban á marxe das decisións, fóronlle restituídos ao papa. Foi ratificado polos príncipes na Dieta de Bamberg (1122) e no primeiro Concilio de Letrán (1123).

    VER O DETALLE DO TERMO