Monteagudo, Concordia de

Monteagudo, Concordia de

Pacto asinado en Monteagudo (Soria) entre Xaime II de Aragón e Sancho IV, o 29 de novembro de 1291, para pórlle fin ao estado de guerra entre ambos os dous soberanos. Xaime II amosou demasiado interese en asegurar a paz para poder resolver o conflito de Sicilia, e o rei castelán obtivo a confirmación das fronteiras entre os dous reinos e a promesa de axuda aragonesa a Castela en caso de guerra contra os musulmáns. Estableceuse tamén o casamento entre Xaime II e Isabel, filla de Sancho IV e María de Molina.