Monteagudo, San Tomé de
Monteagudo, San Tomé de
Igrexa parroquial situada en Arteixo. Pertenceu a un antigo mosteiro beneditino homónimo, que dependía do priorado de Cambre. Presenta planta basilical de tres naves, rematadas en tres ábsidas semicirculares. Empregou para a separación das naves columnas anexadas a piares, na parte da entrada, e piares compostos na zona das ábsidas. A cuberta é a dúas augas. Sufríu algunhas reformas que afectaron especialmente á fachada, á que se lle engadiu unha espadana barroca como remate. No lateral dereito construíuse unha sancristía. Da fachada románica só se conserva a zona das ábsidas, decoradas con canzorros.