Monteagudo, pazo de

Monteagudo, pazo de

Construción situada en Codeseda (A Estrada). Ten planta en forma de U e atópase rodeada dun muro de cantaría, que conta con dous miradores: un deles, situado nunha das esquinas, ten forma semicircular e a el accédese por medio dunha escaleira; o outro construíuse amodo de bastión. Ten un escudo na fachada lateral e posúe un cruceiro e unha capela baixo a advocación de san Brais.