"Copi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 229.

  • Bacterioscopia limitada aos bacilos, especialmente ao bacilo de Koch despois de efectuar a tintura de Ziehl-Neelsen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Observación microscópica das bacterias nun medio normal ou patolóxico cunha finalidade diagnóstica ou de investigación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á bacterioscopia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello empregado para verificar a validez do principio de Arquímedes nos gases. É unha balanza de brazos iguais que, cunha presión atmosférica normal, mantén o equilibrio entre unha esfera de cobre, baleira e pechada hermeticamente, e outra maciza de peso equivalente e volume moito máis pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame microscópico de tecidos vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Investigación médico-legal que pretende determinar se a morte dun individuo é real ou aparente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha serie de aparatos, inventados entre 1815 e 1893, co fin de proxectar fotografías animadas. Constitúen o precedente máis directo do cinematógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame do interior dos bronquios mediante a introdución dun broncofibroscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello endoscópico flexible, constituído por un tubo alongado composto por fibras ópticas, que permite a inspección do interior dos bronquios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exploración visual do interior da traquea e dos bronquios por medio dun broncoscopio, introducido polo nariz, pola boca ou polo orificio dunha traqueotomía. Emprégase para o diagnóstico de tumores broncopulmonares, para a extracción de corpos estraños, para a obtención de biopsias, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endoscopio deseñado para a inspección da árbore traqueobronquial. O aparello permite tamén a incorporación dun instrumento para obter biopsias ou para extraer corpos estraños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfuro de cobre e de ferro, de fórmula CuFeS2. Cristaliza no sistema tetragonal, en masas ou cristais a miúdo deformados e difíciles de identificar. Da cor do bronce ou amarela dourada, ten un brillo metálico. É moi importante para a obtención de cobre e contén ás veces cantidades pequenas de ouro e prata. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 4,2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ao calidoscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento óptico, inventado por David Brewster en 1817, que consiste nun tubo pechado nun extremo por un vidro esmerilado, e polo outro por un disco furado á maneira dun ocular. No interior do tubo hai dous ou máis espellos planos, formando diedros, paralelos ao eixe; ao fondo, sobre o vidro esmerilado, hai anacos de vidros coloreados; a súa imaxe, ao multiplicarse simetricamente nos espellos, produce unha gran variedade de imaxes por rotación do tubo.

    2. Sucesión de cousas variadas e multicolores, de impresións ou de sensacións que mudan rapidamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame dos vasos capilares cutáneos da base das unllas mediante un microscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Empregou o pseudónimo de Francis Carco e publicou os poemarios La bohème et mon coeur (A bohemia e o meu corazón, 1912); os libros de memorias De Montmartre au Quartier Latin (De Montmartre ao Barrio Latino, 1927) e Bohème d’artiste (Bohemia de artista, 1946); as novelas Jesús la Caille (1914), L’equipe (A banda, 1919), L’homme traqué (O home acosado, 1922) e Perversité (Perversidade, 1925); e a biografía novelada Le roman de François Villon (A historia de François Villon, 1926), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recoñecemento do corpo humano con aparatos catóptricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endoscopia dunha cavidade do organismo, especialmente do abdome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cercopitécidos.

    2. Mamífero da familia dos cercopitécidos.

    3. Familia de primates catarríneos integrada por individuos de dimensións variables, arborícolas, rubideiros ou camiñantes. En xeral, os membros anteriores e posteriores acadan igual lonxitude; o rabo, non prénsil e máis ou menos desenvolvido, pode faltar nalgún xénero. O pelo é de coloración verdosa ou gris acastañada. Ten calosidades isquiáticas sen pelo e normalmente de cor vermella viva. Son omnívoros, pero aliméntanse principalmente de vexetais, e gregarios, pois viven en grupos familiares polígamos. Esténdense dende Xibraltar a todas as rexións temperadas, subtropicais e tropicais de África e Asia. Pertence a este familia o mandril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro do xénero Cercopithecus.

    VER O DETALLE DO TERMO