cercopitécido -da
(< lat científico Cercophitecus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos cercopitécidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos cercopitécidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de primates catarríneos integrada por individuos de dimensións variables, arborícolas, rubideiros ou camiñantes. En xeral, os membros anteriores e posteriores acadan igual lonxitude; o rabo, non prénsil e máis ou menos desenvolvido, pode faltar nalgún xénero. O pelo é de coloración verdosa ou gris acastañada. Ten calosidades isquiáticas sen pelo e normalmente de cor vermella viva. Son omnívoros, pero aliméntanse principalmente de vexetais, e gregarios, pois viven en grupos familiares polígamos. Esténdense dende Xibraltar a todas as rexións temperadas, subtropicais e tropicais de África e Asia. Pertence a este familia o mandril.