cerco

cerco

(

  1. s m

    Acción e efecto de cercar.

    Ex: Os veciños protestáronlle ó concello por permitir o cerco que quitaba o camiño.

  2. s m

    Persoa, obxectos ou conxunto deles que rodean algunha cousa ou a alguén.

    Ex: Os coches de policía situáronse formando un cerco arredor da praza e deseguida comezaron os incidentes cos manifestantes.

  3. s m

    Sinal redondeado que se forma ou queda nalgunha cousa.

    Ex: Aínda que quitou o anel de casado, ben se lle ve o cerco.

  4. s m

    Auréola de luz que rodea algunha cousa.

    Ex: Coa eclipse de Lúa puidemos ver o cerco que formaba a luz do Sol.

  5. s m [BÉL]

    Operación de cercar un lugar.

    Ex: Non conseguiron invadir a cidade e optaron por poñerlle cerco ata a súa rendición.

    Sinónimos: bloqueo.
  6. [PESCA]
    1. s m

      Antiga arte de pesca de rodeo que empregaba unha gran rede para a captura da sardiña nas costas das Rías Baixas.

    2. s m

      Aparello que se empregaba na arte do cerco.

    3. cerco conxelador

      Embarcación que combina artes de cerco e grandes cámaras frigoríficas e que se dedica á captura de túnidos sen establecerse nun caladoiro fixo.

    4. cerco real

      Arte do cerco na que o aparello ten máis de mil varas de longo.

  7. s m [ZOOL]

    Apéndice terminal que moitos artrópodos teñen ao final do corpo, xeralmente en número par.