calidoscopio

calidoscopio

(

  1. s m [FÍS]

    Instrumento óptico, inventado por David Brewster en 1817, que consiste nun tubo pechado nun extremo por un vidro esmerilado, e polo outro por un disco furado á maneira dun ocular. No interior do tubo hai dous ou máis espellos planos, formando diedros, paralelos ao eixe; ao fondo, sobre o vidro esmerilado, hai anacos de vidros coloreados; a súa imaxe, ao multiplicarse simetricamente nos espellos, produce unha gran variedade de imaxes por rotación do tubo.

  2. s m

    Sucesión de cousas variadas e multicolores, de impresións ou de sensacións que mudan rapidamente.

Palabras veciñas

calidófono | Calidón | calidoscópico -ca | calidoscopio | Calidris | caliemia | califa