Calidón

Calidón

Antiga cidade de Etolia, Grecia, no golfo de Corinto. Consérvanse restos das murallas e do templo de Ártemis. Segundo a mitoloxía grega, Ártemis, ofendida por Eneo, señor de Calidón, enviou ao país o porco bravo de Calidón, que devastou os arredores da cidade. Foi abatido por Meleagro.

Palabras veciñas

calidina | cálido -da | calidófono | Calidón | calidoscópico -ca | calidoscopio | Calidris