calidina

calidina
s f [BIOQ]

Nome de dous polipéptidos homólogos, de función hipotensora, derivados do cininóxeno pola acción proteolítica do enzima calicreína. Son estimulantes da musculatura lisa. A calidina I, denomiada tamén bradicinina, é de estrutura eneapeptídica; mentres que a calidina II presenta unha secuencia de dez aminoácidos.

Palabras veciñas

Calicut | calidade | calidez | calidina | cálido -da | calidófono | Calidón